Sociedad Filarmónica Orensana
Sociedad Filarmónica Orensana
Agrupación musical creada en Ourense en 1947. Fundouse coa pretensión de fomentar a música clásica e ata 1968 mantivo unha intensa actividade. En 1971 iniciou unha nova etapa, en que incrementou o número de concertos. En 1980 fíxose cargo da sociedade unha nova directiva que conseguiu aumentar aínda máis o número de concertos e o número de socios. Colabora co Conservatorio de Música de Ourense e coa Sociedad Liceo Recreo Orensano.