"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • ergometrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esterol localizado nos fungos do xénero Claviceps, nos fermentos, nos mofos, nalgunhas algas e nos tecidos animais. É a provitamina D máis importante e transfórmase na vitamina D2 por acción da luz ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se obtén do cornizó. Utilízase como oxitócico en veterinaria e como analxésico vasoconstrictor en forma de tartrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento de certos estados psiconeuróticos por medio de traballos manuais. Coñécese tamén co nome de terapia ocupacional.

    2. Método de exercicios pasivos provocados pola electricidade no tratamento da obesidade e de certas cardiopatías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ceramista grego. Foi autor do vaso François (570? a C), localizado na cidade etrusca de Chiusi e pintado por Clitias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracto líquido do cornizó, preparado de maneira que, na súa valoración biolóxica, 1 ml corresponda a 0,5 mg de etanosulfonato de ergotoxina. Utilízase para deter as hemorraxias e tamén como vasoconstrictor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación producida por fungos do xénero Claviceps, normalmente por mor da inxestión de fariña de centeo afectada polo cornizó ou por fármacos obtidos deste fungo, como a ergotamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argumentación que abusa dos siloxismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ergotiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abusar da argumentación siloxística. OBS: Normalmente se emprega con intención despectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura a partes iguais de ergocornina, ergocristina e ergocriptina. Preparárona Barger e Cargo en 1907. Emprégase como oxitócico en obstetricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado a partir de febreiro de 1977 como voceiro do Comité Nacional de Galicia do Partido do Traballo de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de erguer ou erguerse.

    2. Aplícase ao animal que se ergue sobre as patas traseiras, practicamente disposto en vertical, e coas dianteiras á altura da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover ou levantar algo ou a alguén cara a arriba ou poñelo nun lugar máis alto.

      1. Poñer algo ou a alguén dereito ou en posición vertical.

      2. Pór de pé algo ou a alguén.

      3. Facer que alguén se levante da cama.

    2. Construír un edificio ou un monumento importante.

    3. Botar os grans ao aire para separalos da palla.

    4. Subir a intensidade ou volume da voz.

      1. Poñerse algo ou alguén dereitos ou en posición vertical.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de axuda ao toxicómano constituída en 1984 e con sede en Vigo. Creouse coa finalidade de asesorar os afectados por consumo de drogas e as súas familias, e para loitar pola consecución de maiores e máis adecuados recursos para a prevención, tratamento e reinserción social dos toxicómanos. Tamén se preocupa pola formación respecto á problemática da droga e pola defensa dos drogodependentes fronte a calquera tipo de abuso. Participa tamén en programas cofinanciados pola Administración pública e posúe varios pisos e servicios de reinserción. Foi finalista dos Premios Príncipe de Asturias da Concordia 2001. En 1999 constituíuse a Fundación Érguete-Integración, presidida por Carmen Avendaño Otero, cunha finalidade socio-cultural e de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘morrer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista alemán. Entre 1928 e 1933 viviu en Viena, onde ensinou na escola experimental, coñeceu a práctica do método Montessori e estudiou psicanálise con Anna Freud. Desde 1933, residiu en EE UU, onde traballou na Harvard University e na Yale University. En 1950 abandonou Berkeley e despois traballou en Harvard, ata que en 1970 se retirou para seguir investigando coa súa esposa, Joan Serson. En 1950 publicou Childhood and Society, en que resume os seus estudios sobre os nativos americanos, analiza as figuras de Maksim Gor’kij e Adolph Hitler e engade o debate sobre a “personalidade americana” e as liñas xerais da súa versión da teoría freudiana. Estes temas foron recorrentes noutros traballos, como en Gandhi’s Truth (1970, Pulitzer Prize e Book Award). Superou as teorías de S. Freud ao enfatizar o papel da cultura no desenvolvemento da personalidade. As súas teses son basicamente unha teoría da psicoloxía do ego que, a diferenza de S. Freud, afirma que o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo xeorxiano. Participou nunha conspiración contra a nobreza e desterrárono a Siberia en 1832, ata que volveu a Xeorxia en 1852 e fundou a revista literaria Giskari. A decadencia das clases nobres é o tema máis destacado das súas obras. Da súa produción cómpre salientar A repartición (1850) e Escenas do pasado (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Urgell (1154-1184). Foi privado de Fernando II de León, quen o nomeou mordomo e lle fixo varias doazóns pola axuda que lle prestou na campaña contra os musulmáns en Extremadura (1167).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e periodista alemán. Editou o Deutsche Volksblatt entre 1896 e 1903, data na que foi elixido deputado polo partido Centro Católico. Durante a Primeira Guerra Mundial pasou dunha actitude belicista á busca dunha paz negociada. Presidiu a comisión negociadora da paz cos aliados. Foi ministro de Facenda do gabinete Bauer (1919). Acusado de corrupción, houbo de dimitir e finalmente foi asasinado nun atentado perpetrado polos nacionalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO