"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

    1. Tecido forte de algodón, xeralmente de cores vivas e sólidas, que forman raias ou cadrados, que se emprega especialmente para facer batas, mandís, blusas, etc.

    2. Nome xenérico da auga mineral con gas e bicarbonatada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Allier, Francia, situada no val medio do río Alier (26.528 h [1999]). Importante centro turístico e estación balnearia de augas termais, ten industrias de embotellamento e distribución da auga, farmacéuticas e de cosméticos. Tomou o nome da auga mineral de Vichy. Foi a capital do estado francés entre 1940 e 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que se coñeceu o poder executivo establecido polo mariscal H. P. O. Pétain entre 1940 e 1944 en Vichy na zona non ocupada. Foi un réxime autocrático, antirrepublicano e totalitario. Coa ocupación alemá do sur de Francia (1942), foi un instrumento en mans de Hitler. Coa liberación de París, o goberno aboliuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, ás veces gabeadoras, da familia das fabáceas, con follas alternas e paripinnadas, as flores aparecen solitarias ou dispostas en acios axilares e froito en legume oblongo e comprimido. Comprende unhas 160 especies, e en Galicia danse as especies V. sativa, V. hirsuta, V. villosa, V. tenuissima, V. lutea, V. sepium e V. narbonensis, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten algún vicio.

    2. Aplícase ao aire cargado de impurezas, especialmente nun lugar cerrado.

    3. Que se deturpou, deformou ou desfigurou co paso do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén adquira un vicio.

    2. Alterar a pureza de algo.

    3. Anular a validación dun acto.

    4. Ser adquirido por alguén un mal costume ou vicio.

    5. Perder algo a súa pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. vezo.

      1. Incapacidade para o ben e disposición habitual para as accións contrarias ao ben e á lei moral.

      2. vicio capital

        Nome dado tradicionalmente aos pecados capitais considerados non na individualidade do acto, senón como hábito.

    2. Modalidade de comportamento habitual referido á bebida, sexo, drogas e xogo, que non respecta as normas sociais.

    3. Exceso de condescendencia con que se forma ou educa unha persoa ou animal.

    4. Defecto, imperfección ou anomalía, especialmente aqueles que teñen carácter conxénito ou definitivo.

      1. vicio de/na forma

        Expresión que nunha resolución ou proceso xudicial designa a falta de proposición non contida ou a falta dalgúns presupostos de orixe ou formais. En ambos os dous casos pode ter lugar a presentación de recurso de casación, por infracción da lei e por defecto de forma, respectivamente, a existencia do que comporta que o negocio sexa anulado.

      2. vicio do consentimento

        Alteración do consentimento nun contrato por erro, violencia, intimidación, dolo ou lesión.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten vicios.

      2. Que constitúe ou implica un vicio.

    1. Persoa excesivamente afeccionada a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alternancia de acontecementos favorables e adversos.

    2. Suceso negativo que inflúe no desenvolvemento de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que se emprega para determinar a dureza dos metais, no que se comprime a punta dun diamante piramidal contra a superficie da peza da que se quere determinar a dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial británico. Fundou en Sheffield unha fábrica de aceiro (1828), con G. Naylor e dedicouse á fabricación de utensilios diversos. Ideou un sistema de proba de dureza dos aceiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista canadense. Das súas obras destacan An Agenda for Progressive Taxation (1947), The Limitations of Keynesian Economics (1948) e Congestion Theory and Transport Investment (1969). Recibiu, xunto con James A. Mirrlees, o Premio Nobel de Economía (1996) pola súa contribución á teoría dos incentivos económicos de información asimétrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mississippi, EE UU, situada na confluencia do Yazoo co Mississippi (24.407 h [2000]). Núcleo importante dos suristas durante a Guerra de Secesión, capitulou (1863) fronte ás tropas nordistas de U. S. Grant.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Converteu o racionalismo en historicismo ao presentar a razón como unha realidade que actúa por si mesma cunha inexorable fecundidade creadora. En Principî di una scienza nuova d’intorno alla comune natrure delle nazioni (1725) tentou mostrar o fundamental papel axente das ideas na historia, que é o lugar de realización do home, e de cercar así o verdadeiro coñecemento da natureza humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi clínico e anatomista, e considérase un dos fundadores da anatomía comparada, particularmente polo seu libro Systeme anatomique des quadrupèdes (1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa-                  -museo de Víctor M. R. Corral Castro situada en Baamonde (Begonte). Toda a colección, así como as construcións que alberga, a casa, o pombal e a capela, foron realizadas polo artista. Acolle obras realizadas en madeira, pedra ou marfil, de tamaño e temática variables, que se achegan ao misticismo e invitan á reflexión relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Víctor Manuel San José Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico, pertencente administrativamente ao Territorio do Noroeste, Canadá (212.198 km2). Está separada do continente polo golfo da Coronación ao S, da illa de Banks polo estreito do Príncipe de Gales ao O, e da illa do Príncipe de Gales polo canal Mac Clintock a o L. Descubriuna Thomas Simpson (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Hong Kong (590.771 h [1980]). Está situada na costa setentrional da illa, ao redor da abadía de Kowloon, coa cal tende a formar unha conurbación.

    VER O DETALLE DO TERMO