Vichy, goberno de
Vichy, goberno de
Nome con que se coñeceu o poder executivo establecido polo mariscal H. P. O. Pétain entre 1940 e 1944 en Vichy na zona non ocupada. Foi un réxime autocrático, antirrepublicano e totalitario. Coa ocupación alemá do sur de Francia (1942), foi un instrumento en mans de Hitler. Coa liberación de París, o goberno aboliuno.