"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • [galés: Caerdydd] Capital do condado de Mid Glamorgan e de Gales, á beira do esteiro do río Taff e do canal de Bristol (260.574 h [1991]). Posúe un gran número de parques e campos de deportes. Ten un importante centro de ensino superior, a University of Wales, fundada no ano 1893. Tamén hai unha antiga fortificación romana construída cara ao ano 75 d C na beira esquerda do río Taff. O castelo medieval de Cardiff, situado no medio da cidade, converteuse no centro do señorío normando de Glamorgan (s XII); ao seu redor constituíuse un núcleo de poboación que chegou a converterse nun importante centro de comercio, orixe da cidade actual. Moitos foron os que loitaron por Cardiff no transcurso da Guerra Civil, tanto realistas como parlamentarios, ata que finalmente foi ocupada por estes últimos en 1645. A mediados do s XIX empezou o desenvolvemento económico da cidade, grazas á explotación do carbón e do ferro. Trala decadencia nas industrias do carbón, do ferro e do aceiro na posguerra, a cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Está considerado como un dos máis prestixiosos directores de fotografía, profesión na que comezou a súa actividade cinematográfica. Dirixiu a imaxe nos filmes Baixo o signo de Capricornio, de Hitchcock e A condesa descalza, de Mankiewicz. Como realizador sobresaíu coas producións Intent to Kill (Un intento para asasinar, 1958), The Lion (O león, 1962), Young Cassidy (O rebelde Cassidy, 1964) e The Mutations (As mutacións, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chaqueta deportiva de punto con escote en pico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía da costa occidental de Gales, Reino Unido, que se abre ao canal de San Xerardo e que se estende desde a península de Lleyn, ao N, ata a península de Strumble Head, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico flamengo. Fillo de pais obreiros, estudiou ciencias sociais e políticas en Louvain. En 1912 fundou o movemento da Xuventude Obreira Cristiá (XOC), que non foi recoñecida oficialmente ata o ano 1925. Foi nomeado cardeal por Paulo VI en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modista francés de orixe italiana. Traballou en diferentes casas de alta costura de París. En 1950 abriu unha casa de vestidos de teatro e en 1952 presentou a súa primeira colección de alta costura. Dedicouse ao deseño de moda masculina desde 1957 e ao prêt-à-porter desde 1959. Concedeu licencias para a creación en serie dos seus deseños, co que desencadeou a creación dun grande imperio comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha importancia fundamental.

    2. Aplícase aos catro puntos imaxinarios do horizonte, que serven de orientación, con relación ao plano vertical do eixo de rotación da terra.

    3. Aplícase ao numeral que expresa unha cantidade ou número preciso, sen facer referencia nin ao lugar nin á orde.

      1. Designación das principais veas dos embrións dos vertebrados.

      2. Aplícase á terceira vértebra cervical.

      3. Referido á liña correspondente ao eixe de articulación das valvas da cuncha dos braquiópodos.

      1. Clase dos conxuntos equipotentes a un conxunto determinado, isto é, clase dos conxuntos cos que o conxunto en cuestión pode establecer unha aplicación bixectiva. O cardinal dun conxunto C desígnase coa notación card(C) ou #C. O cardinal dun conxunto finito é o número dos seus elementos; os cardinais dos conxuntos finitos forman o conxunto dos números naturais J.

      2. cardinal regular

        Cardinal κ?x 0 tal que, para todo X1κ, con card(X)<κ, supX< κ.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Gracias a un concurso de beleza organizado na súa cidade natal, iniciou a súa carreira fílmica en 1958 con Isoliti ignoti. A súa intervención na película Fellini 8 1/2 (1963) consagrouna como actriz de sona internacional. Traballou en películas do cine italiano como Il Bell’Antonio (O belo Antonio, 1960), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns, 1960), La ragazza con la valigia (A rapaza coa maleta, 1961), Il gattopardo (1963), L’udienza (A audiencia, 1970) e Caretta (1984). Entre os seus papeis en filmes internacionais destacan The Pink Panther (A pantera rosa, 1963), Fitzcarraldo (1981) e Nostromo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou relativo aos cardeais ou ao cardealado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade que un conxunto ten en común cos outros conxuntos que se poden pór en correspondencia bixectiva con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que consiste en punzar o corazón coa finalidade de administrar medicación en situacións de emerxencia cardiorrespiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deprime a actividade funcional do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descenso e mobilidade anormal do corazón a consecuencia do descenso do diafragma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio gráfico dos movementos do corazón que se realiza co cardiógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que rexistra graficamentea actividade do corazón. Hai cardiógrafos mecánicos que rexistran as modificacións da presión do corazón e cardiógrafos eléctricos ou electrocardiógrafos que rexistran a actividade eléctica dos impulsos nerviosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que se obtén pola aplicación do cardiógrafo. Se se realiza cun electrocardiógrafo recibe o nome de electrocardiograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de corazón.

    2. Epicicloide singular xerado polas posicións dun punto dun círculo de raio a que xira sen deslizarse por riba doutro círculo do mesmo raio. Ten un punto de retroceso O, respecto ao que a ecuación da cardioide en coordinadas polares é ρ=2a(1-cosϑ). A lonxitude da cardioide é 16a e a área é 6πa 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos ácidos fosfatídicos que teñen como ácidos graxos esenciais o linoleico e o oleico, con elevada proporción do primeiro, e que interveñen na reacción de Wassermann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico especialista en cardioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estudia a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO