Cardin, Pierre
Cardin, Pierre
Modista francés de orixe italiana. Traballou en diferentes casas de alta costura de París. En 1950 abriu unha casa de vestidos de teatro e en 1952 presentou a súa primeira colección de alta costura. Dedicouse ao deseño de moda masculina desde 1957 e ao prêt-à-porter desde 1959. Concedeu licencias para a creación en serie dos seus deseños, co que desencadeou a creación dun grande imperio comercial.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sant’Andrea di Barbarana, Veneto