"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de cotelear.
-
-
Relativo ou pertencente ao cotiledón.
-
Que posúe un ou máis cotiledóns.
-
-
PERSOEIRO
Revolucionario francés. En 1791 formou parte da Asemblea lexislativa e dende 1792 da Convención, que o elixiu para participar no Comité de Salvación Pública (1793-1794). Apoiou a Robespierre nas tarefas de goberno da I República e redactou algunhas das leis sobre os tribunais revolucionarios. Trala vitoria dos termidorianos foi guillotinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Coñecido como o poeta dos pobres, publicou entre outras obras: The Library (A librería, 1781), The Village (A vila, 1783) e Tales of the Hall (Contos do vestíbulo, 1817-1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pegureiro, fillo de Dríope, con sona de xusto e prudente. A lenda conta que un día se lle apareceron as tres divindades, Ártemis, Apolo e Heracles, para que decidise quén reinaría a cidade de Ambracia. Como escolleu a Heracles, Apolo, anoxado, transformouno en rocha. Os ambracianos, dende aquela, ofrecíanlle un sacrificio logo de cada festividade dedicada a Heracles.
-
-
Relativo ou pertencente ás crasuláceas.
-
Planta da familia das crasuláceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou lianas da orde das rosais que comprende unhas 900 especies reunidas nuns 25 xéneros, de distribución case cosmopolita. Adoitan presentar adaptacións á sequidade, como talos e follas suculentos e unha forma particular de asimilación do carbono (plantas tipo CAM). De representación particularmente importante en África do Sur, moitas teñen interese como ornamentais, como as dos xéneros Crassula ou Kalanchoe. Entre os xéneros presentes en Europa, os máis representativos son Umbilicus, Sedum e Sempervivum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barco preparado para atravesar mares nos que hai xeo.
-
PERSOEIRO
Xilógrafo e calcógrafo. Atribúenselle os gravados calcográficos Santos escritos, Cruz de Santo Tomás y bendición de San Benito con las imágenes de Santa Bárbara, San Emigdio, Santo Tomás y San Pedro Mártir, asinados pola siglas S C, e as ilustracións feitas en cobre do Tratado de fortificación dispuesto para la enseñanza de los caballeros cadetes del colegio militar de la Ciudad de Santiago, escrito por Francisco Serrallach y Ribas e asinadas por Creo gr, Creo e Creo S.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Cultivou o óleo cunha pintura realista na liña do naturalismo non academicista de carácter romántico. Nas súas paisaxes e mariñas compaxinou o dominio do debuxo coa liberdade e a expresividade da mancha. Realizou exposicións individuais en Galicia, especialmente nas salas da Asociación de Artistas da Coruña (1977-1987), así como en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, debuxante e ceramista. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid. Foi profesor de debuxo. En 1926 realizou a súa primeira exposición en Santiago de Compostela. A súa obra, de raíces expresionistas e con temática galega, mostra un gran dominio técnico con ritmos e escorzos atrevidos e cun equilibrado colorismo. En 1943 creou unha industria de decoración cerámica e realizou decoracións de fachadas de edificios. Nestas obras están presentes as incisións, os relevos e a investigación, sobre todo nos esmaltes cerámicos. Ilustrou Sanos y enfermos de Eduardo Pérez Hervada (1962). En 1969 celebrouse unha exposición antolóxica na Coruña. Obtivo a primeira medalla na Exposición de Pintores Coruñeses (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos creodontes.
-
Mamífero da orde dos creodontes.
-
Orde de mamíferos carnívoros de corpo macizo, cranio groso e cerebro pequeno que apareceron hai 30 millóns de anos e que se extinguiron hai 7 millóns de anos. Distribuíronse por Europa, Asia, África e América do Norte. Pertencen a esta orde os xéneros Hyaenodon e Sarkastodon.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten preferencia pola carne como alimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Tebas, fillo de Meneceo. Pouco despois de ocupar o trono tebano -trala morte de Laio a mans de seu fillo Edipo-, unha praga asolou a cidade: apareceu unha esfinxe que lles propuña adiviñas aos tebanos e que devoraba os que non as acertaban. Este ritual acabou cando Edipo a acertou e se converteu no libertador de Tebas. Creonte cedeulle entón o trono e a súa irmá Iocasta como esposa (viúva de Laio e nai de Edipo aínda que ninguén o sabía). Despois de que unha peste volvera ameazar a cidade, Creonte consultou o oráculo de Delfos e soubo do incesto; como consecuencia, recuperou o trono e Edipo foi desterrado ao deserto. Durante as batallas dos Sete Xefes contra Tebas ofreceu o seu fillo Megareo en sacrificio a Ares e conseguiu salvar a cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Corinto, fillo de Licáeto. Educou os fillos de Alcmeón e Manto. Ao seren estes expulsados de Iolco, deulles refuxio na súa corte a Xasón e Medea. Logo de varios anos, Creonte decidiu casar a súa filla Glauce, ou Creusa, con Xasón; pero Medea, celosa e anoxada, vingouse da súa rival: envioulle un vestido á novia que a queimou por completo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Heracles e Mégara. Seu pai, ao se volver tolo, asasinouno xunto cos seus irmáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido de olor aromático, fortemente refractario, que se localiza no alcatrán da madeira de faia. É o principal constituínte da creosota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso, mestura de fenois (creosol e guaiacol, fundamentalmente), obtido da destilación do alcatrán de madeira ou da hulla. A creosota da madeira, chamada tamén creosota oficinal, emprégase como antiséptico externo e como expectorante balsámico nas bronquites. A de hulla úsase como preservador da putrefacción da madeira e como saborizante.
-
-
de creosotar.
-
Que contén creosota.
-
Acción de creosotar a madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impregnar a madeira de creosota.
-
-
Relativo ou pertencente ás crepidotáceas.
-
Fungo da familia das crepidotáceas.
-
Familia da orde das cortinariais á que pertencen os xéneros Crepidotus, Flammulaster, Galerina, Gymnopilus, Phaeocollybia, Phaeomarasmius, Pleurotellus, Ramicola e Tubaria.
-