"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu vigor ou validez e está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen obtén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa material que presenta unha forma e unhas características como tamaño, cor ou materia determinadas.

      1. Motivo ou causa dunha determinada acción.

      2. Materia ou asunto sobre o que versa algo.

    2. Propósito ou finalidade dunha determinada acción.

      1. Aquilo que é ou pode ser coñecido polos sentidos ou polo entendemento. Como contraposto a suxeito, pode entenderse nun sentido realista (a cousa existente con independencia de que sexa coñecida), fenomenolóxico (a cousa en tanto que coñecida ou cognoscible), idealista (a cousa como establecida e configurada polo espírito) ou subxectivista (a cousa que se representa, se pensa ou se sente, pero que existe realmente).

      2. obxecto formal

        Aspecto que se toma por medio do acto e desde o que se contempla o obxecto material.

      3. obxecto material

        Obxecto entendido como tal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que obxecta.

    2. Persoa que practica a obxección de conciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi ministro provincial no convento de San Juan Bautista de la Ribera, en València (1663-1666) e fundou os conventos de San Antonio de Pego e Nuestra Señora de Albacete. Escribiu Oración panegírica del beato Pascual Baylón (1668) e Doce pares de sagrados panegíricos y evangélicas oraciones, dedicados al Cordero Eucarístico y Dios Sacramentado (1681).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse en estilo románico durante o s XII, aínda que foi reformada durante o s XVIII. Consta de nave única e ábsida semicircular con cuberta abovedada e unida a un corpo rectangular do presbiterio. Destaca a decoración interior, cunha fileira de canzorros, que percorre a nave e a ábsida. A fachada foi reedificada en 1769, con porta arquitrabada, xambas lisas e lintel rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora, irmá de Silvina Ocampo Aguirre. Fundadora da revista Sur (1931), destacou por introducir as novas correntes literarias europeas e polos seus coidados ensaios. Das súas obras destacan De Francesca a Beatrice (1924), Virginia Woolf en su diario (1954) e Testimonios (1935-1957, en dez volumes). Obtivo o Premio Vaccaro (1965) polo seu labor en favor da cultura arxentina, e foi nomeada doutora honoris causa pola Harvard University (1967) e membro da Academia Argentina de Letras (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Foi xefe de fotografía do xornal Diario de Cuba (1939) e colaborou con xornais como El Mundo. As súas fotografías mostran algúns dos acontecementos máis importantes da historia de Cuba, como o asalto ao cuartel da Moncada ou o desembarco do Gramma, pero tamén fixo fotografías en que retratou o día a día da sociedade cubana, as regatas ou os bailes no Centro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Afiliouse ao Partito Comunista Italiano (PCI) en 1953, e foi nomeado o seu secretario xeral en 1988. No último congreso do partido, que tivo lugar a comezos de febreiro de 1991, adoptouse a resolución de denominar o PCI, Partito Democratico della Sinistra, do que Occhetto conservaría o liderado. Non obstante, o cambio de denominación supuxo a escisión dun grupo que non quixo renunciar á ortodoxia tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao óso frontal e occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos ósos e ás rexións occipitais e parietais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ocotónidos.

    2. Mamífero da familia dos ocotónidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos lagomorfos, de 12 a 30 cm de lonxitude, que presentan as orellas curtas, amplas e arredondadas, a cola moi curta e as extremidades posteriores e anteriores case iguais. Comprende o xénero Ochotona, que habita en Asia, América do Norte e Europa Oriental e o xénero Prolagus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eremita. Natural de África, fuxiu da invasión e ocupación dos vándalos e refuxiouse na Toscana. Viviu nunha cova e predicou contra o arianismo. Foi canonizado en 1519 polo Papa León X. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Pertenceu á Lexión Tebana e, na persecución de Máximo Hercúleo, sufriu martirio en Turín. Represéntase vestido de militar romano ou medieval, coa espada (atributo dos militares), a palma e a coroa dos mártires. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Composición musical para oito instrumentos ou para oito voces. Entre os máis coñecidos hainos para corda solista (Mendelssohn e Enescu), para corda e instrumentos de vento (Spohri e Schubert) e para instrumentos de vento só (Beethoven).

      2. Conxunto de oito músicos.

    1. Signo codificado de oito cifras binarias, que permite expresar 256 (2 8 ) caracteres na gravación e no tratamento de datos.

    2. Conxunto de oito electróns que, segundo a teoría do enlace de Gilbert Newton Lewis, os átomos tenden a completar mediante a formación de enlaces covalentes para acadar a estrutura de gas nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo electrónico provisto de oito electrodos: un ánodo, un cátodo e seis reixas.

    VER O DETALLE DO TERMO