obxecto

obxecto

(

  1. s m

    Cousa material que presenta unha forma e unhas características como tamaño, cor ou materia determinadas.

    Ex: Dentro da caixa había un obxecto sen dono.

    Confrontacións: cousa, cousa.
  2. s m
    1. Motivo ou causa dunha determinada acción.

      Ex: O seu corte de pelo foi obxecto de burla.

    2. Materia ou asunto sobre o que versa algo.

      Ex: O obxecto das matemáticas son os números.

  3. s m

    Propósito ou finalidade dunha determinada acción.

    Ex: Construíron unha biblioteca co obxecto de achegar os libros ao público.

  4. [FILOS]
    1. s m

      Aquilo que é ou pode ser coñecido polos sentidos ou polo entendemento. Como contraposto a suxeito, pode entenderse nun sentido realista (a cousa existente con independencia de que sexa coñecida), fenomenolóxico (a cousa en tanto que coñecida ou cognoscible), idealista (a cousa como establecida e configurada polo espírito) ou subxectivista (a cousa que se representa, se pensa ou se sente, pero que existe realmente).

    2. obxecto formal

      Aspecto que se toma por medio do acto e desde o que se contempla o obxecto material.

    3. obxecto material

      Obxecto entendido como tal.

  5. [FÍS]
    1. s m

      Punto ou conxunto de puntos dos que un sistema óptico dá unha imaxe.

    2. obxecto real

      Obxecto do que diverxen os raios de luz que atravesan o sistema óptico.

    3. obxecto virtual

      Obxecto cara ao que converxen os raios de luz que atravesan o sistema óptico que, non obstante, non é alcanzado por eses raios pero si polas súas prolongacións.

  6. arte do obxecto [ARTE]

    Corrente artística que xurdiu a principios da década de 1980 entre os artistas estadounidenses, que ten a súa orixe nos ready-made de Marcel Duchamp, nas assemblages surrealistas, nas caixas de Corneille e Andy Warhol e na arte das décadas de 1960 e 1970.

  7. [LING]
    1. obxecto directo

      complemento de obxecto directo.

    2. obxecto indirecto

      complemento de obxecto indirecto.

  8. obxecto heráldico [HERÁLD]

    carga heráldica.

  9. obxecto matemático [MAT]

    Concepto matemático precisado por unha definición. O carácter matemático do obxecto vén dado pola posibilidade de establecer relacións entre este e os outros obxectos da teoría, en forma de teoremas, que se deducen dos axiomas de partida. Os obxectos matemáticos son, con frecuencia, clases de equivalencia construídas a partir doutros elementos anteriores (concepto de número enteiro, de dirección ou de vector libre). Denomínanse obxectos primitivos dunha teoría matemática aqueles que non poden ser definidos a partir de obxectos anteriores e teñen que ser definidos establecendo unha serie de condicións que os relacionan entre eles, como acontece cos obxectos denominados puntos, rectas e planos, da xeometría de Hilbert.

  10. obxecto social [DER/ECON]
    1. Conxunto de operacións ás que se dedica unha sociedade.

    2. Finalidade á que se destinan as actividades dunha sociedade.

  11. obxecto voador non identificado [ASTRON]

    ovni.

Palabras veciñas

obxectivismo | obxectivista | obxectivo -va | obxecto | obxector -ra | Ob’ | oc*