obxectivo -va
(< obxecto)
-
adx
Relativo ou pertencente ao obxecto.
-
adx
Que existe independentemente do suxeito.
Ex: Foi un feito obxectivo.
-
adx
Que trata dos acontecementos con exactitude e con independencia de reflexións ou sentimentos persoais ou afectivos.
Ex: Fixo unha análise obxectiva das cousas.
Sinónimos: imparcial. -
s
m
Propósito ou finalidade que se pretende acadar.
Ex: Un dos meus obxectivos é ter un bo traballo.
Sinónimos: meta, obxecto. -
s
m
[BÉL]
-
Punto sobre o que se dispara un proxectil.
-
Punto ou zona cara á que se dirixe unha acción militar.
-
-
[FÍS/IMAX]
-
s
m
Sistema óptico converxente que se coloca no extremo dun instrumento óptico (microscopio, telescopio ou cámara fotográfica) do lado do obxecto, e que ten por misión formar unha imaxe real do obxecto. Esta imaxe obsérvase a través dun ocular ou ben recollida por unha pantalla ou unha emulsión fotográfica. O obxectivo está formado por un espello e unha lente ou un sistema de lentes. Nos telescopios utilízanse os obxectivos denominados dobretes acromáticos. Nos microscopios utilízanse os obxectivos de inmersión, co fin de aumentar a abertura numérica. Nas cámaras fotográficas adoitan ter un campo de 60°, coa excepción dos obxectivos grande angular, que é duns 120°, e dos teleobxectivos, que é duns 20°. Os obxectivos dos telémetros, dos binóculos e doutros instrumentos ópticos de campo reducido adoitan consistir en dúas lentes, unha delas é crown e a outra flint.
-
obxectivo de focal longa
Obxectivo dunha lonxitude focal sensiblemente maior ca a diagonal do formato que se está a empregar.
-
obxectivo de focal variable
Obxectivo que permite variar o campo segundo conveña, mediante un dispositivo manual ou electromecánico.OBS: Tamén se denomina zoom.
-
obxectivo de lonxitude focal fixa
Obxectivo cunha soa lonxitude focal, oposto ao zoom.
-
obxectivo dobre
Obxectivo que consta de elementos móbiles e que dá lugar a dúas lonxitudes focais.
-
obxectivo lento
Obxectivo que ten unha abertura máxima de pequeno tamaño.
-
obxectivo rápido
Obxectivo que ten unha abertura máxima de gran tamaño.
-
s
m