meta
(< lat meta)
-
s
f
[HIST]
Cada un dos piares ou fitas que, na antiga Roma, se situaban a ambos os dous lados do circo e que servían para sinalar o punto en que tiñan que xirar as cuadrigas nunha carreira.
-
[DEP]
-
s
f
Liña ou zona sinalada como fin dunha carreira que contén elementos sinaladores, instalacións para os cronometradores e xuíces e, a miúdo, aparatos electrónicos de cronometraxe e rexistro das chegadas.
Ex: Só lle falta unha volta para chegar á meta.
Sinónimos: chegada. -
s
f
Zona do campo, delimitada por tres paus, en que se deben meter os goles nalgúns deportes.
Ex: Os xogadores meteron un gol en propia meta.
Sinónimos: portaría. -
meta voante
Meta intermedia en que non se detén a carreira, e que conta para unha determinada clasificación, nunha proba ciclista.
-
s
f
-
s
f
Fin que se quere conseguir.
Ex: A súa meta é chegar a ser director da empresa.