mesura

mesura

(< lat mensūra ‘medida’)

  1. s f Antónimos: desmesura.
    1. Calidade da persoa que fala e actúa con moderación, sen violencia ou esaxeración.

      Ex: Ten moita mesura ao falar, nunca di unha palabra máis alta ca a outra.

      Antónimos: desmesura. Confrontacións: comedimento, temperanza.
    2. Calidade das cousas que se fan con moderación. Na tradición oral recóllense ditos como: ‘Pan, con fartura; e viño, con mesura’.

      Antónimos: desmesura.
  2. s f

    Comportamento ou actitude respectuosa dunha persoa.

    Ex: É un acto no que hai que comportarse con moita mesura.

    Sinónimos: compostura.

Palabras veciñas

mesturadora | mesturanza | mesturar | mesura | mesurado -da | Mészáros, Márta | meta