mesturar

mesturar

(< mestura)

  1. v t

    Xuntar unha cousa con outra para que formen un todo.

    Ex: Mesturou os ingredientes e quedou unha masa compacta.

  2. v t

    Xuntar persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.

    Ex: Mesturou libros de matemáticas, física e literatura no mesmo estante.

  3. v t

    Tratar cousas diferentes xuntas e confundíndoas.

    Ex: Se mesturas os negocios coa amizade perderás as dúas cousas.

  4. v t

    Facer que alguén participe ou tome parte nun asunto que, normalmente, pode traer problemas.

    Ex: Non o mestures nos teus problemas, que el non fixo nada.

  5. v t

    Desordenar ou revolver cousas que estaban ordenadas.

    Ex: Non mestures as facturas do ano pasado coas deste, que moito me custou ordenalas.

  6. v pron

    Xuntarse unha cousa con outra para formar un todo.

    Ex: A auga e o aceite nunca se mesturan.

  7. v pron

    Xuntarse persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.

    Ex: Mesturáronse diferentes animais porque non había diñeiro para atendelos individualmente.

  8. v pron

    Tratarse cousas diferentes xuntas e confundíndoas.

    Ex: Acabamos a mal porque se mesturaron intereses persoais.

  9. v pron

    Participar ou tomar parte nun asunto que pode xerar problemas.

    Ex: Non quero que me mestures nos teus asuntos.

  10. v pron

    Relacionarse ou ter trato con algo ou alguén.

    Ex: Cando viaxa mestúrase cos nativos.

Frases feitas

  • Mesturar allos con bugallos/cascallos. Confundir as cousas.

Conxugar
VERBO mesturar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturo
mesturas
mestura
mesturamos
mesturades
mesturan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturaba
mesturabas
mesturaba
mesturabamos
mesturabades
mesturaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturei
mesturaches
mesturou
mesturamos
mesturastes
mesturaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturara
mesturaras
mesturara
mesturaramos
mesturarades
mesturaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturarei
mesturarás
mesturará
mesturaremos
mesturaredes
mesturarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturaría
mesturarías
mesturaría
mesturariamos
mesturariades
mesturarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesture
mestures
mesture
mesturemos
mesturedes
mesturen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturase
mesturases
mesturase
mesturasemos
mesturasedes
mesturasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturar
mesturares
mesturar
mesturarmos
mesturardes
mesturaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mestura
-
-
mesturade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mesturar
mesturares
mesturar
mesturarmos
mesturardes
mesturaren
Xerundio mesturando
Participio mesturado
mesturada
mesturados
mesturadas