cousa
(< lat causa)
-
s
f
Todo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente, sexa material ou espiritual, concreto ou abstracto, animado ou inanimado.
Ex: Segundo a Biblia, Deus é o creador de todas as cousas. Todas as cousas viventes deben morrer nalgún momento. Os nenos son as cousas máis bonitas do mundo.
-
s
f
Aquilo que é inanimado, en oposición ao vivente.
Ex: A corte está chea de animais e o faiado de cousas.
-
s
f
-
Aquilo que é real, concreto ou esencial, en oposición ao ideal, abstracto e aparente.
Ex: Sempre anda pensando en proxectos futuros e descoida as cousas máis inmediatas.
-
[FILOS]
Entidade individual e material. Foi un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos. Tradicionalmente, vinculouse a noción de cousa coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades. Na filosofía moral emprégase en contraposición ao concepto de persoa.
-
-
s
f
Aquilo que se fai, se di, se pensa, se sabe ou se coñece.
Ex: Lois é un desastre, sempre deixa as cousas a medio facer. O profesor repetiume centos de veces a mesma cousa. É cousa ben sabida que...
-
s
f
Acontecemento, circunstancia ou situación que lle afecta a alguén.
Ex: O outro día pasoulle unha cousa terrible a Antón. Debemos coller as cousas tal e como veñen. Sonche cousas da vida!. Non sei qué vai ser do mundo, a cousa está moi mal.
-
-
s
f
Asunto, cuestión ou materia sobre un tema determinado.
Ex: A cousa está en saber quén foi. Non me preguntes sobre a declaración da renda porque non entendo nada desas cousas.
-
cousa pública
Conxunto dos asuntos de goberno da comunidade política.
-
s
f
-
s
f
Calidade, dito ou acción que se considera particular dunha persoa ou dun conxunto de persoas, especialmente se é algo singular e característico.
Ex: A mellor cousa que ten Ramón é a súa xenerosidade. Cadaquén ten as súas cousas.
-
s
f
Traballos ou encargos que se realizaron ou que se teñen que realizar.
Ex: Non teño tempo de ir que teño moitas cousas que facer.
-
s
f
Conxunto de obxectos que serven para facer un traballo ou prestar un servizo determinado.
Ex: Non me movas as cousas do traballo, que xa as ordeno eu despois.
-
s
f
Conxunto de obxectos que pertencen a alguén.
Ex: Cando saín da casa o taxista xa metera as miñas cousas no maleteiro.
-
s
f
[DER]
Todo aquilo que constitúe ou pode constituír obxecto da disciplina xurídica, porque pode producir relacións xurídicas. Para que unha cousa sexa materia do dereito cómpre que englobe as características de utilidade, individualidade e apropiabilidade, que poden ser futuras. As cousas poden ser: corpóreas, se teñen entidade material, son perceptibles polos sentidos e ocupan un lugar no espacio, ou incorpóreas, se soamente teñen entidade intelectual; específicas, se os seus caracteres propios as distinguen das demais da súa especie, ou xenéricas, se soamente aparecen determinadas pola súa pertenza a un xénero concreto; e simples ou compostas, segundo a súa formación como unha unidade en si mesmas ou como resultado dunha agregación de unidades. As cousas mobles pódense dividir en funxibles e non funxibles, principais e accesorias, presentes e futuras.
-
[DER]
Efecto dunha resolución xudicial cando fronte a ela non caiba, pola súa propia natureza, ningún recurso ou cando impide que noutro xuízo se produza unha decisión diferente ou contraditoria. O efecto de cousa xulgada pode ser formal, no que se refire á súa firmeza, ou material, no sentido de que vincula as decisións xudiciais futuras. No procemento civil, ten o carácter de presunción, mentres que no proceso penal ten a consideración de certeza respecto do feito xulgado.
Frases feitas
-
A cada cousa certa que di cáelle un ollo, e ten dous. Aplícase á persoa mentireira.
-
A cada cousa certa que di cáelle un ollo, e ten dous. Aplícase á persoa mentireira.
-
Cousa con cousa. Indica ausencia de sentido ou de orde en construcións negativas cos verbos facer, dicir e haber.
-
Cousa con cousa. Indica ausencia de sentido ou de orde en construcións negativas cos verbos facer, dicir e haber.
-
Non haber cousa que lamba o gato. Non haber nada para comer.
-
Non haber cousa que lamba o gato. Non haber nada para comer.
-
Non haber tal cousa. Non ser verdade algo.
-
Non haber tal cousa. Non ser verdade algo.
-
Non valer cousa. Non ter ningún valor.
-
Non valer cousa. Non ter ningún valor.
-
Por cousa de. Co obxectivo de.
-
Por cousa de. Co obxectivo de.
-
Pouca cousa. 1 Sen importancia ou en escasa cantidade.
-
Pouca cousa. 1 Sen importancia ou en escasa cantidade.
-
2 Aplícase á persoa de baixa estatura.
-
2 Aplícase á persoa de baixa estatura.
-
Á cousa de. De xeito aproximado.
-
Á cousa de. De xeito aproximado.
-
Á cousa feita. Certamente.
-
Á cousa feita. Certamente.
-
A cousa feita. Con éxito seguro.
-
A cousa feita. Con éxito seguro.
-
Andar cunha cousa na boca. Falar sempre do mesmo asunto.
-
Andar cunha cousa na boca. Falar sempre do mesmo asunto.
-
Andar o demo nas cousas. Andar mal algún asunto.
-
Andar o demo nas cousas. Andar mal algún asunto.
-
Coller alguén as cousas como veñen. Aceptar os feitos.
-
Coller alguén as cousas como veñen. Aceptar os feitos.
-
Coma quen non quere a cousa. Sen mostrar interese por algo.
-
Coma quen non quere a cousa. Sen mostrar interese por algo.
-
Coma se tal cousa. Facer igual ca se non pasase nada.
-
Coma se tal cousa. Facer igual ca se non pasase nada.
-
Cousa de nada. Asunto de pouca importancia.
-
Cousa de nada. Asunto de pouca importancia.
-
Cousa de nunca acabar. Aplícase ao que resulta inacabable.
-
Cousa de nunca acabar. Aplícase ao que resulta inacabable.
-
Cousa de pouco máis ou menos. Dárlle o valor dunha cousa máis próximo ao menos ca ao máis.
-
Cousa de pouco máis ou menos. Dárlle o valor dunha cousa máis próximo ao menos ca ao máis.
-
Cousa de tolos. Despropósito.
-
Cousa de tolos. Despropósito.
-
Cousa de. Aproximadamente ou cerca dunha cantidade que se indica. Ex: Foi cousa de segundos.
-
Cousa de. Aproximadamente ou cerca dunha cantidade que se indica. Ex: Foi cousa de segundos.
-
Cousa do demo. Acontecemento inexplicable.
-
Cousa do demo. Acontecemento inexplicable.
-
Cousa do inimigo. Cousa mala.
-
Cousa do inimigo. Cousa mala.
-
Cousa nunca vista. Acontecemento extraordinario.
-
Cousa nunca vista. Acontecemento extraordinario.
-
Facer de cada cousa un arco de igrexa. Facer de algo que non é complicado algo dificultoso.
-
Facer de cada cousa un arco de igrexa. Facer de algo que non é complicado algo dificultoso.
-
Haber cousas que parecen lousas. Aplícase a algo que é un disparate.
-
Haber cousas que parecen lousas. Aplícase a algo que é un disparate.
-
Non dicir cousa. Non dicir nada.
-
Non dicir cousa. Non dicir nada.
-
Non dicir unha cousa por outra. Dicir a verdade.
-
Non dicir unha cousa por outra. Dicir a verdade.
-
Quedarlle a un outra cousa no corpo. Dicir o contrario do que se pensa.
-
Quedarlle a un outra cousa no corpo. Dicir o contrario do que se pensa.
-
Quedarlle unha cousa a alguén como a canga á cocha. Caer mal unha prenda a alguén.
-
Quedarlle unha cousa a alguén como a canga á cocha. Caer mal unha prenda a alguén.
-
Son cousas do arco da vella. Expresa resignación ou solidariedade ante feitos imprevisibles.
-
Son cousas do arco da vella. Expresa resignación ou solidariedade ante feitos imprevisibles.