1 couselo
1 couselo
(
-
s
m
[PLANTA]
Herbácea perenne, de ata 50 cm de altura, con follas basais arredondadas, carnosas e pecioladas, semellantes a un funil e de ata 7 cm de diámetro. As flores están dispostas de xeito pendurante en longos acios e teñen a corola tubular pentámera de ata 10 mm de lonxitude e de cor branca verdosa. Distribuída polo sur e polo oeste de Europa, en Galicia é común entre pedras, valados e tellados. A planta presenta trimetilamina e taninos, ademais de mucilaxes, polo que ten propiedades cicatrizantes e diuréticas; así, as follas esmagadas aplícanse en feridas e a epiderme enteira da folla aplícase como apósito.
Sinónimos: capelo, carrapucho, conchelo. -
s
m
[PLANTA]
estraloque.