"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente aos octodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos octodóntidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos roedores, que se estende pola rexión andina de América do Sur. Son animais de tamaño pequeno (de 10 a 20 cm), nocturnos e vexetarianos, que constrúen complicadas redes de galerías subterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao octógono.

    2. Que ten oito ángulos e oito lados.

    3. Que ten como base un octógono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono de oito ángulos e, polo tanto, de oito lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hexadecasílabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos octópodos.

    2. Molusco da orde dos octópodos.

    3. Orde de moluscos cefalópodos, da subclase dos coleoidos, que se caracterizan polo feito de posuír unicamente oito brazos iguais, reunidos na base mediante unha membrana intertentacular. En xeral, son animais bentónicos e costeiros, depredadores dunha gran voracidade, que se alimentan sobre todo de crustáceos, como o polbo. Hai tamén formas peláxicas, como as do xénero Argonauta. Son moi comúns en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalópodos, da familia dos octópodos, que se caracteriza por presentar a cabeza grande, na que destacan os ollos e o sifón. Posúen oito brazos con dúas fileiras de ventosas que lles permiten ancorarse ao substrato. As súas dimensións varían desde uns 30 cm ata os 3 m, e teñen o corpo con forma de globo, algo comprimido e rugoso. Presentan mandíbulas córneas moi potentes en forma de pico. Viven preto das costas, en zonas rochosas, son moi voraces e paralizan con veleno os moluscos e peixes dos que se alimentan. Nas costas galegas poden atoparse as especies O. vulgaris (polbo común), moi empregada na cociña tradicional galega, e O. salutti, de maior tamaño que a anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao octosílabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten oito sílabas.

      2. Que está formado por versos de oito sílabas.

    1. Verso de oito sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten entre oitenta e oitenta e nove anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número oitenta nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das oitenta partes en que se divide un todo.

    3. Cada unha das oitenta partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos movementos dos ollos.

    2. Nervio motor ocular común que inerva os músculos oculares externos, excepto o recto externo e o oblicuo superior, así como o esfínter pupilar e os músculos ciliares do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se deixa ver.

    2. Que non se manifesta ou que se descoñece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Auvernia 962? - Souvigny 1049) Quinto abade de Cluny (994-1049). Reconstruíu parte das edificacións da abadía e contribuíu á súa expansión. Reformou mosteiros beneditinos de España, Francia e Italia. Instituíu na súa orde a conmemoración dos Defuntos cada 2 de novembro e a Igrexa fíxoa universal con posterioridade. Represéntase vestido de abade con báculo. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo abade de Cluny (927-942). Formouse na corte do duque da Aquitania e converteu o seu mosteiro no primeiro centro de espiritualidade de Occidente á vez que reformou cenobios de Francia e Italia. Foi reformador da orde beneditina e obtivo a dependencia directa do papa para os mosteiros cluniacenses. Teórico musical, interesouse pola notación e a determinacion de diversos intervalos da escala. Fixo as sistematización da notación teórica e substitíu as letras gregas polas latinas, fixo coincidir o Α coa nota la. Represéntase con vestiduras de abade beneditino e porta báculo. A súa festividade celébrase o 18 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1095 -? 1122) Bispo da Seu d’Urgell e reformador. Na súa iconografía viste de bispo con báculo e mitra. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Rambsbury (937) e arcebispo de Canterbury (942). Foi conselleiro na corte inglesa, onde reformou estritamente os costumes eclesiásticos. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos odonatos.

    2. Insecto da orde dos odonatos.

    3. Orde de insectos e artrópodos que inclúe especies de tamaño mediano ou grande (5-12 cm de envergadura), coa cabeza ensanchada polo gran desenvolvemento dos ollos compostos. Habitan preto da auga estancada aínda que tamén poden afastarse dela, sobre todo as femias, onde practican unha continua cazaría doutros insectos. Algunhas especies son gregarias e fan migracións. Constitúen un dos grupos máis arcaicos de insectos, porque se coñecen fósiles do Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • odont(e/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO