octópodo -da

octópodo -da

(< lat científico Octopus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos octópodos.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco da orde dos octópodos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de moluscos cefalópodos, da subclase dos coleoidos, que se caracterizan polo feito de posuír unicamente oito brazos iguais, reunidos na base mediante unha membrana intertentacular. En xeral, son animais bentónicos e costeiros, depredadores dunha gran voracidade, que se alimentan sobre todo de crustáceos, como o polbo. Hai tamén formas peláxicas, como as do xénero Argonauta. Son moi comúns en todo o mundo.

Palabras veciñas

octogonal | octógono | octonario -ria | octópodo -da | Octopus | octosilábico -ca | octosílabo -ba