"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

    1. Asento lixeiro e alongado con esqueleto de madeira, respaldo acolchado e brazos, onde se poden sentar ou deitar as persoas.

    2. Rebanda ou parte dunha rebanda fina de pan de molde, untada con manteiga, paté, tomate, aguacate, limón, etc, sobre a que se poñen diversos ingredientes, como xamón, queixo, olivas, ovo cocido e caviar, entre outros. Normalmente, tómase como aperitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que avala a capacidade pedagóxica dos profesores de ensino medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína formada por dúas subunidades idénticas que regula positivamente o proceso de transcrición; trala unión co AMPc sofre un cambio conformacional que lle permite unirse a puntos concretos do ADN (operón lac e outros) e estimular a transcrición do seu promotor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha impermeable que constitúe a cobertura dun xacemento de petróleo ou de gas natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de roupa longa e folgada que se ensancha progresivamente dende o pescozo ata máis abaixo dos xeonllos, aberta por diante e sen mangas, que se leva sobre as costas cubrindo a vestimenta.

      2. capa augadoira

        Capa confeccionada con tea impermeable para protexerse da chuvia.

      3. capa consistorial/ magna

        Capa de maior tamaño ca a pluvial que empregan os arcebispos no coro para asistir os oficios divinos e outros actos capitulares.

      4. capa de augas/de palla

        Carapucho que servía antano para protexerse da chuvia, similar á coroza pero con menos pezas.

      5. capa de coro

        Capa que usan as dignidades, os cóengos e demais prebendados nas igrexas catedralicias e colexiais.

      6. capa pluvial

        estidura en forma de capa, xeralmente de seda e con carrapucha, que usa o celebrante nalgu-nhas cerimonias litúrxicas como a aspersión da auga bendita, a bendición, a procesión do Santísimo Sacramento, etc. Recibiu esta denominación das procesións que se realizaban fóra do adro da igrexa e nas que se empregaba esta peza de vestir como protección fronte á chuvia.

      1. Substancia que se estende dunha maneira uniforme sobre algunha cousa.

      2. Caldo, mollo, crema ou calquera outro líquido que se bota por riba dunha preparación culinaria de maneira que a recobre e a baña.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de capar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornell Friedmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrej Friedmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza oval que forma parte da armadura e que protexe a cabeza. Empezou a usarse en España no s XV.

    2. Peza, de forma máis ou menos esférica, situada enriba da caldeira da que xorde o tubo inclinado que conduce os produtos da destilación ao refrixerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio edafolóxico do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia elaborado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984. Compleméntase con cartografía temática a escala 1:200.000, na que se detalla a calidade dos solos clasificados segundo 12 categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio do que se dispón no interior dalgunha cousa.

      2. Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.

      3. Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria. Normalmente, a capacidade dun soporte electrónico ou informático (memorias, discos magnéticos, discos ópticos, etc) exprésase en bits ou máis correntemente en bytes, sendo en xeral 1 byte = 8 bits. Para valores altos da capacidade, xeralmente se utiliza o kilobyte ou kB, equivalente a 1.024 bytes e o megabyte ou MB = 1.048.576 bytes.

      4. capacidade de carga

        Número de animais ou plantas que pode manter unha área sen deteriorarse. Considérase, xeralmente, na explotación dun determinado hábitat.

      5. capacidade dunha canle

        alor característico dunha canle de comunicación.

      6. capacidade pulmonar vital

        Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada, aproximadamente de 3 a 4 litros, despois dunha inspiración profunda. É unha das probas máis útiles para determinar disfuncións pulmonares.

    1. Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.

      1. Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para medir capacidades provisto dunha escala graduada normalmente en microfaradios ou en picofaradios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer apta a unha persoa, darlle o dereito ou cualificar a alguén para facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha capacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO