capacidade
(
-
-
s
f
Espacio do que se dispón no interior dalgunha cousa.
Ex: O viño que queda non abonda para cubrir a capacidade dese bocoi.
Sinónimos: cabemento, cabida. -
s
f
Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.
Ex: O autobús ten unha capacidade de 55 persoas. A capacidade do estante é duns 200 libros.
Sinónimos: cabemento, cabida. -
[INFORM]
Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria. Normalmente, a capacidade dun soporte electrónico ou informático (memorias, discos magnéticos, discos ópticos, etc) exprésase en bits ou máis correntemente en bytes, sendo en xeral 1 byte = 8 bits. Para valores altos da capacidade, xeralmente se utiliza o kilobyte ou kB, equivalente a 1.024 bytes e o megabyte ou MB = 1.048.576 bytes.
-
capacidade de carga
[ECOL]
Número de animais ou plantas que pode manter unha área sen deteriorarse. Considérase, xeralmente, na explotación dun determinado hábitat.
-
capacidade dunha canle
[COMUN]
alor característico dunha canle de comunicación.
-
capacidade pulmonar vital
[FISIOL]
Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada, aproximadamente de 3 a 4 litros, despois dunha inspiración profunda. É unha das probas máis útiles para determinar disfuncións pulmonares.
-
s
f
-
s
f
Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.
Ex: Sorpréndeme a súa capacidade para emprender novos desafíos.
Confrontacións: posibilidade. -
-
s
f
Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.
Ex: Ten capacidade abonda para cumprir coas esixencias do novo cargo. Non lle concederon o galardón por falta de capacidade artística. Carezo de capacidade para entender a súa arte.
Confrontacións: competencia, suficiencia. -
s
f
[PEDAG]
Conxunto de aptitudes innatas ou adquiridas que un individuo pon en funcionamento para acadar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da cultura. Supón, polo tanto, unha construción mental que serve para explicar aptitudes concretas. De aí que habitualmente na práctica educativa, capacidade e aptitude, se empreguen como sinónimos porque ambas as dúas reflicten unha facultade ou habilidade que posibilita facer determinadas cousas; é dicir, representan o potencial que unha persoa ten para adquirir novos coñecementos ou desenvolver determinadas destrezas. Non obstante , aptitude e capacidade presentan en si mesmas matices distintos; mentres a aptitude fai referencia expresamente a unha posibilidade, ou sexa, a unha facultade en potencia, a capacidade, entendida de forma xeral, pon de manifesto esa facultade, física ou mental, que se posúe de forma innata ou aprendida. Por capacidade tamén se pode entender a facultade que comprende en si mesma todas as aptitudes potenciais que unha persoa pode revelar en determinadas circunstancias. En ningún caso, sen embargo, debe identificarse coa intelixencia, e aínda menos coa simple capacidade de aprendizaxe, por moito que os efectos funcionais da capacidade inclúan, en maior ou menor medida, tarefas intelectuais. A intelixencia concíbese como unha potencia mental inicial fronte a situacións novas e, polo tanto, descoñecidas; por esta razón enténdese como unha aptitude que posibilita a comprensión de significados, relacións ou conexións tanto formais como informais. A capacidade de aprendizaxe, pola súa parte, non ten máis alcance que o simple exercicio dunha función. Pola contra, a capacidade fai referencia a unha forza creadora autónoma que supón unha apropiación de modos de produción, pero sobre todo un nivel de perfeccionamento que non está presente nin na intelixencia nin na capacidade de aprendizaxe. As investigacións sobre a capacidade, non chegan a un acordo sobre a forza que os factores herdados e os adquiridos teñen no seu desenvolvemento. Parece claro que o contorno ten unha influencia determinante no que a algunhas aptitudes respecta. Pola súa parte, as teorías da herdanza máis recentes reducen as posibilidades dos factores hereditarios a unha simple cuestión de reacción, de maneira que as circunstancias ambientais son as que, en último caso, estimulan o desenvolvemento dunha e doutra capacidade por máis que estas fosen herdadas. O concepto de capacidade no campo da psicoloxía aplicada tenta determinar, medir e aproveitar as capacidades que os individuos manifestan na actividade escolar, laboral e mesmo nos sectores relacionados con actividades de lecer en xeral. En calquera caso, tanto no mundo educativo coma no laboral, esta determinación facíase mediante a utilización de tests, en claro retroceso no ámbito escolar, que tentaban medir, segundo os casos, a capacidade verbal, espacial, numérica, etc. A medida ou valor da capacidade individual que se facía en termos de rendemento e aptitude presenta moitos problemas, como tamén os presenta, polo menos dende o punto de vista pedagóxico, a utilización indiscriminada das cualificacións escolares e os ditames de aptitude realizados por profesores que non permiten extraer previsións fiables cara ao futuro, porque están fundamentadas en orzamentos e observacións estritamente subxectivas. Ademais, algúns pedagogos consideran que os dotes e disposicións naturais en ningún caso son influenciables por actuacións pedagóxico-didácticas, feito que incrementa o problema da determinación cualitativa e cuantitativa da capacidade. Non obstante , a praxe pon de manifesto, en calquera ámbito, que existen diferencias individuais de capacidade e, dado que se entende que as capacidades son construcións psicolóxicas, a escola debe traballar na determinación de contidos educativos con obxectivos humanitarios máis ca na planificación e nas medidas organizativas cheas de cuestións ideolóxicas, que promoven a competitividade en detrimento do desenvolvemento harmónico das capacidades dos individuos.
-
capacidade de traballo
Capacidade dun individuo para facer moito traballo en pouco tempo.
-
s
f
-
-
s
f
Posibilidade de actuar ou producir dependente dos medios ou recursos dispoñibles.
Ex: A capacidade produtiva dos solos depende de factores edáficos, climáticos, hidrolóxicos e topográficos. A capacidade defensiva da ría mellorou coa instalación de novas baterías. Aumentou a capacidade de produción da fábrica.
-
capacidade crediticia empresarial
[ECON]
Solvencia dunha empresa para poder solicitar crédito. Mediante a análise económico-financeira examínanse os aspectos financeiros e a xestión, e despois aconséllase ou desaconséllase a aplicación do crédito (finalidade, necesidade, programa, rendemento, efecto de alzamento e garantía).
-
capacidade de compra
[ECON]
Parámetro que permite medir a cantidade de produtos que se poden mercar.
-
s
f
-
[DER]
-
s
f
Aptitude legal para exercer unha determinada función ou dereito.
-
capacidade de obrar
Aptitude das persoas físicas ou xurídicas para realizar actos xurídicos coa finalidade de adquirir dereitos e asumir deberes. A lei restrinxe esta capacidade en determinadas persoas como nos menores de idade, segundo estean ou non emancipados, ou nos incapacitados por defecto físico ou psíquico. A Constitución española co principio de igualdade das persoas e o libre desenvolvemento da personalidade obriga a realizar un xuízo personalizado en cada caso para ter en conta as condicións de madurez do menor e da incapacidade.
-
capacidade xurídica
Aptitude legal para ser suxeito titular de dereitos e deberes que toda persoa ten polo único feito de selo e, polo tanto, equivale á personalidade.
-
s
f
-
[FÍS]
-
s
f
Nome de certas magnitudes eléctricas.
-
s
f
Magnitude que expresa a aptitude que teñen os condutores de almacenar electricidade en forma de carga eléctrica. A capacidade dun condutor defínese como o cociente entre a súa carga eléctrica e o seu potencial, supoñendo que todos os demais condutores están infinitamente arredados ou que teñen un potencial nulo. A capacidade dun condensador é o cociente entre a carga eléctrica dunha das armaduras e a diferenza de potencial existente entre elas. O símbolo da capacidade é C, e a súa unidade no sistema internacional (SI), o faradio, aínda que na práctica adoitan empregarse os submúltiplos: o microfaradio (μF), o nanofaradio (nF) e o picofaradio (pF).
-
s
f
Cantidade de electricidade máxima que pode almacenar un acumulador. Adóitase expresar en Ah.
-
s
f
-
s
f
[XEOL]
olume de auga que pode acoller o cauce dun río.
-
s
f
[XEOL]
Condición actual intrínseca dun elemento do medio para acoller unha actividade ou un uso do solo.
-
[XEOL]
-
s
f
Cantidade de auga ou doutras substancias que un solo absorbe, contén ou intercambia.
-
s
f
Caudal sólido máximo que pode transportar un curso de auga a unha velocidade determinada.
-
capacidade de absorción
Propiedade fundamental da fracción coloidal dos solos e dos humus de retención, por filtración de diversas substancias, particularmente catións.
-
capacidade de cambio
Magnitude de intercambio de ións entre a superficie das partículas coloidais do complexo adsorbente do solo e a solución que o rodea.
-
capacidade de campo/retención
Cantidade de auga retida por un solo unha vez que escorreu a auga gravitacional. É indicativa da cantidade máxima de auga que pode reter o solo, tras varios días de fornecemento, e depende da cantidade e tamaño dos poros e da materia orgánica do solo. As capacidades de campo máximas corresponden a solos arxilosos e as mínimas a solos areosos.
-
capacidade hídrica
Contido en auga dunha mostra de solo despois de telo saturado e deixado escorrer durante dúas horas; exprésase en tanto por cento do volume.
-
capacidade de intercambio
Cantidade de substancia que un peso determinado dun solo pode reter a causa da súa capacidade de absorción. Exprésase normalmente en milequivalentes por 100 g. O humus e as arxilas teñen unha capacidade de intercambio elevada. Os ións máis facilmente absorbidos son os catións Ca 2+ , Mg 2+ , K + e Na + e os grupos OH - . Pola contra, os anións cloruro e nitrato son os máis difíciles de reter e pérdense pola lixiviación, que fai diminuír a fertilidade do solo.
-
capacidade de intercambio catiónico
Cantidade total de catións que pode reter por adsorción un solo, que depende do seu contido en partículas coloidais electronegativas, capaces de absorber catións que constitúen o complexo adsorbente do solo.
-
capacidade máxima de retención
Cantidade de auga retida pola primeira capa de solo, que está en equilibrio cunha capa freática inferior. O nivel de auga chega xusto ao límite inferior da primeira.
-
capacidade portadora
Aptitude do solo para soportar grandes infraestruturas e os elementos que as empregan (persoas, vehículos, etc).
-
s
f
-
[ECOL]
-
s
f
Condición do medio para acoller unha determinada actividade biolóxica.
-
capacidade agrolóxica
Aptitude que ten un solo para un uso agrícola determinado.
-
capacidade asimilativa
Aptitude dunha masa de auga para soportar refugallos sen cambiar a súa calidade. No caso do fornecemento de materia orgánica tense en conta a oxidación natural.
-
capacidade bioxénica
Potencialidade dun ecosistema de xerar e manter biomasa, xeralmente simplificada aos vertebrados.
-
s
f
-
capacidade calorífica
[FÍS]
En sentido amplo, cantidade de calor necesaria para aumentar nun grao a temperatura dun corpo. Nun sentido máis restrinxido, relación dQ/dT entre a enerxía calorífica dQ liberada a un sistema e o aumento de temperatura dT, cando esta última tende a cero, sempre que non teñan lugar cambios de fase ou reaccións químicas. Se a masa do sistema é un gramo, a capacidade calorífica recibe o nome de calor específica; se é un mol, calor molar; e se é un átomo-gramo, calor atómica.
-
capacidade de transporte
[FÍS]
Cantidade de material que un fluído en movemento pode transportar.
-
capacidade negativa
[LIT]
Termo creado por John Keats (negative capability) para designar a receptividade desinteresada do poeta, que renuncia á propia identidade en favor da do obxecto do poema.
Formas incorrectas
aforoRefráns
- Mal ano ou bo ano, catro caben nun banco.
- Ninguén pode facer máis do que sabe.
- O que fai un cesto fai un cento, se lle dan vergas e tempo.
- O que fai un home, tamén outro facelo pode.
- Onde cabe un carro cargado, ben cabe un home ao seu cabo.
- Onde vai a máis, vaia o menos.
- Onde vai o máis, que vaia o menos.
- Os mozos para loitar e os vellos para aconsellar.
- Por ande entra o carro, mellar entra o carreteiro.
- Por ande salta a cabra, tamén salta a que a mama.
- Quen fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbias e tempo.