posibilidade

posibilidade

(

  1. s f

    Calidade de posible.

    Ex: Existe a posibilidade de que chova.

  2. s f

    Cousa posible.

    Ex: Iso entra dentro das nosas posibilidades.

  3. s f

    Capacidade de ser posible algo.

    Ex: Tivo a posibilidade de estudar na universidade.

    Sinónimos: ocasión, oportunidade.
  4. s f [FILOS]

    Carácter, estado ou condición do que é posible. As acepcións fundamentais da categoría de posibilidade son, dunha banda, a posibilidade lóxica ou modalidade do xuízo, que significa a calidade de todo xuízo que non sexa contraditorio, en contraposición á necesidade lóxica; doutra banda, a posibilidade real ou física significa a capacidade ou aptitude dunha cousa para existir de feito e realmente. O sentido da distinción entre ambos tipos de posibilidade é patente non só no coñecido argumento ontolóxico, senón tamén na distinción leibniziana entre os posibles e os composibles. Intimamente unida ao concepto de potencia, a categoría de posibilidade foi obxecto, na escolástica, de diversas distincións, como a posibilidade absoluta ou intrínseca (secundum se), e a posibilidade relativa ou extrínseca (in ordine ad potentiam activam).

Refráns

  • O que vai á festa, poden romperlle a testa.
  • Quen tivo mans puido pillar mazáns.

Palabras veciñas

posgrao | posguerra | posíbel | posibilidade | posibilismo | posibilista | posibilitar