posibilidade
(
-
s
f
Calidade de posible.
Ex: Existe a posibilidade de que chova.
-
s
f
Cousa posible.
Ex: Iso entra dentro das nosas posibilidades.
-
s
f
Capacidade de ser posible algo.
Ex: Tivo a posibilidade de estudar na universidade.
Sinónimos: ocasión, oportunidade. -
s
f
[FILOS]
Carácter, estado ou condición do que é posible. As acepcións fundamentais da categoría de posibilidade son, dunha banda, a posibilidade lóxica ou modalidade do xuízo, que significa a calidade de todo xuízo que non sexa contraditorio, en contraposición á necesidade lóxica; doutra banda, a posibilidade real ou física significa a capacidade ou aptitude dunha cousa para existir de feito e realmente. O sentido da distinción entre ambos tipos de posibilidade é patente non só no coñecido argumento ontolóxico, senón tamén na distinción leibniziana entre os posibles e os composibles. Intimamente unida ao concepto de potencia, a categoría de posibilidade foi obxecto, na escolástica, de diversas distincións, como a posibilidade absoluta ou intrínseca (secundum se), e a posibilidade relativa ou extrínseca (in ordine ad potentiam activam).
Refráns
- O que vai á festa, poden romperlle a testa.
- Quen tivo mans puido pillar mazáns.