ocasión

ocasión

(< lat ocassĭōne)

  1. s f

    Circunstancia oportuna para algunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ocasión fai o/ao home ladrón. Fuxindo da ocasión non se cae na tentación”.

    Sinónimos: conxuntura.
  2. s f

    Circunstancia que se presenta, en xeral, en calquera momento.

    Ex: Agora temos a ocasión de o poder axudar.

  3. s f

    Circunstancia que determina un efecto.

    Ex: O seu discurso foi ocasión dunha feroz polémica.

    Sinónimos: causa, causa.
  4. [FILOS]
    1. s f

      Circunstancia que posibilita a produción dun fenómeno, pero que, a diferenza da causa, non intervén positivamente e, a diferenza da condición, non é necesaria.

      Sinónimos: ocasional.
    2. ocasión próxima

      Ocasión en que se induce a alguén, practicamente dun xeito inevitable, a facer ou motivar un acto, pero se este non fose moral, tería que ser sempre evitada.

    3. ocasión remota

      Ocasión que non induce dun xeito inevitable a facer ou motivar un acto, polo que, no caso de que este non fose moral, a obrigación de evitala deixaría de ser grave.

Frases feitas

  • De ocasión. Cousa que se vende máis barato por estar xa usado.

  • En/con ocasión de. Na época ou na oportunidade de facer algo.

Refráns

  • A ocasión fai o ladrón/o home ladrón.
  • A ocasión non pasa andando senón voando.
  • A ocasión píntana calva.
  • Achaque queren as cousas.
  • Río avolto, ganancia de pescadores.

Palabras veciñas

ocapi | ocarina | ocarinista | ocasión | ocasional | ocasionalismo | ocasionalista