conxuntura
conxuntura
(< lat cum ‘con’ +iunctūra ‘unión’)
-
s
f
Situación ou circunstancia propicia para levar ou tentar levar a cabo algo.
Ex: Hai que aproveitar a conxuntura para que saia ben este negocio.
Sinónimos: ocasión, oportunidade. -
s
f
-
Combinación fortuíta de acontecementos ou circunstancias que se dan nun momento concreto e que afectan a un sector determinado.
Ex: A conxuntura social non permite un tratamento tan superficial do tema.
-
[ECON/POLÍT]
Conxunto dos compoñentes, permanentes e accidentais, da vida económica, que permiten coñecer a situación financeira nun momento determinado. Entre outros elementos, está definida pola balanza de pagamentos, o tipo de xuros e os prezos.
-