ocasionalismo

ocasionalismo

(< ocasional)

s m [FILOS]

Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que consideraba a Deus como único principio causal no referido ao problema da interrelación entre corpo e alma. Negaba que a acción da alma fose causa da correspondente acción do corpo e defendía a necesaria intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma, cada vez que neste ou nesta se producía outro correspondente. O seu principal representante, considerado como o fundador do ocasionalismo, foi Nicolas Malebranche.

Palabras veciñas

ocarinista | ocasión | ocasional | ocasionalismo | ocasionalista | ocasionar | ocaso