posibilismo

posibilismo

(< posibilidade)

  1. s m [XEOG]

    Teoría que se ocupa das posibilidades que o contorno natural, relevo, ríos, mares, vexetación, clima, lle ofrece ao home, e que este, en certa maneira, pode dispor del ao seu servizo. Oponse ao determinismo.

  2. s m [POLÍT]

    Forma de oportunismo político dun partido ou dun particular que, conservando a fe nos propios principios ideolóxicos, está disposto a ceder nalgúns puntos do propio programa e a pactar con outros partidos ou correntes, a cambio de obter obxectivos parciais e inmediatos ou de manterse no poder.

Palabras veciñas

posguerra | posíbel | posibilidade | posibilismo | posibilista | posibilitar | posible