"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • PERSOEIRO

    Cantante e escritor. Coñecido como Raimon, deuse a coñecer como cantautor en 1962 coa canción “Al vent”. En 1963 gañou o Festival de la Cançó Mediterrània de Barcelona con “Se’n va anar”. Parte fundamental do movemento da Nova Cançó, musicou e interpretou poemas alleos, de escritores modernos e clásicos. Da súa discografía destacan Cançons de la roda del temps (1966), Diguem no (1971), Entre la nota i el so (1984), Integral (1993), Cançons de mai (1997) e Le cançons d’amor (1999). Como escritor publicou obras como Poemes i cançons (1974) ou Les paraules del meu cant (1993). Recibiu o Premio Nacional de Música (1993), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1995) e a medalla de ouro da Generalitat de Catalunya (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Ferrol, situada ao L da de Promontoiro, na parroquia de Maniños (Fene).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Emigrou a Bos Aires xunto co seu home Manuel Castro López. Colaborou en El Almanaque Gallego con artigos como “Pregoeiro”, en que reivindicaba a importancia da lingua galega, e publicou o poema “Desprezo”, asinado co pseudónimo de Morana, onde ironizaba sobre as persoas que identifican a beleza física coa sabedoría. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, doutourouse en Filoloxía Hispánica e licenciouse en Filosofía e Filoloxía Galego-portuguesa. Comezou na poesía participando co grupo Alén (1977), actividade que alternou coa crítica literaria e o traballo xornalístico en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Colaborador habitual da prensa galega e director do suplemento de Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, coordinou o suplemento cultural “Galicia Literaria” de Diario 16 de Galicia e foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas. Especializado na obra de autores de vangarda, no terreo do ensaio e a edición de textos publicou A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vangarda (1979), Manual de galego urxente (1987) e Galego século XXI (2004), en colaboración con M. Rosales; Eduardo Blanco-Amor: sempre en Auria (1993), en colaboración con varios autores; A literatura galega medieval...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de peñorar.

    2. Garantía dun préstamo.

    3. Dereito real que se constitúe sobre unha cousa que se entrega ao acredor para obter o pagamento dun crédito, facultando a este a reter a cousa vencido o termo. Mentres na hipoteca a cousa hipotecada permanece en poder do debedor, no peñoramento a posesión da cousa peñorada pasa ao poder do acredor. O peñoramento aplícase ás cousas mobles. A débeda ten que ser real e pode proceder de calquera obrigación lícita e considérase indivisible en atención á cousa peñorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cinco liñas e catro espazos onde se representan as notas musicais. O sistema data do s XII e é orixinal de Guido d’Arezzo, aínda que el só empregou tres liñas; empregáronse catro para o canto gregoriano. O pentagrama xa apareceu nalgúns manuscritos do s XIII, pero non se xeneralizou ata máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Tivo os seus obradoiros tipográficos na rúa Real da Coruña. Editou o xornal El Eco Mercantil a partir de 1847 e o seu sucesor El Emancipador, tamén en 1847.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos peramélidos.

    2. Marsupial da familia dos peramélidos.

    3. Familia de marsupiais formada por animais de medio metro como máximo, co fociño alongado e aguzado, os pés traseiros longos e estreitos, cos dedos segundo e terceiro soldados parcialmente e unha uña grande no cuarto. Son nocturnos e aliméntanse de insectos e vexetais. Os xéneros Perameles, Isoodon e Rhynchomeles, entre outros, forman parte desta familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Inicialmente a súa obra aproximouse a un certo expresionismo que recordaba as vangardas galegas da década de 1930. Vinculado aos movementos artísticos da década de 1980 en Vigo, destacou como paisaxista, aínda que nos seus cadros mostra un grande interese pola figura humana, nunha pintura de raizame antropocéntrico incluso en obras en que a abstracción e as influencias do cubismo e das vangardas internacionais de principios de século están presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Abandonou a medicina militar para converterse nun defensor público dos ideais republicanos. Exiliado (1866), volveu a España tras o triunfo da Revolución de 1868 e continuou a propagar o republicanismo federal, especialmente entre a comunidade campesiña. Foi un dos principais alentadores do Pacto Galaico-Asturiano (1869). Obtivo representación parlamentaria en tres lexislaturas (1872-1873) e foi ministro de Fomento (1873). Exiliado novamente por causa do golpe militar do xeneral Pavía, ao seu regreso á Coruña continuou o seu labor médico e filantrópico. Publicou Memoria sobre los hospitales militares, Reglamento de exenciones físicas e traduciu a obra de J. A. Depaul Tratado teórico y práctico de auscultación obstétrica (1859). Tamén publicou dous libros de poemas El señor Juan (1883) e Perucho (1887). Foi presidente de honra da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi subdirector de Nueva Empresa, director de Actual, guionista de TVE, director editorial de Espasa Calpe e director de Ambito Cultural de El Corte Inglés. Presidente do Club de Xornalistas Galegos de Madrid e colaborador de La Voz de Galicia e das revistas Tiempo e Interviú, das súas obras destacan Si tú me dices ven (1999), Paso a dos (1999), El pabellón azul (2000), Brumario (2000), Galicia en blanco y negro (2000), en colaboración con Xosé E. Acuña e José L. Cabo; e Libro de actas (2003). Participou tamén nos libros colectivos 29 dry martinis (That’s the Limit!) (1999), Nuevos episodios nacionales (2000) e Sobre railes (2003). Gañador do Premio Puro Cora de xornalismo, recibiu o Premio de Novela Ateneo de Sevilla (1999) e foi finalista do Premio Nacional de Literatura (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino vermello que funde a 168°C. Emprégase na preparación de colorantes azoicos, como indicador e como reactivo específico para a albumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo ou xeroglífico que representa ou expresa unha idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico da presión arterial que se obtén mediante un piezómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Co Grupo Teatral Airiños representou diversas obras, das que destacan Na casa do ciruxano (1940 e 1970), de R. Riveiro e T. Sestelo; A venganza (1959), de L. Carré; A fiestra valdeira (1961), de R. Dieste; e Pista ou peste? (1984), de Varela Buxán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, escritor e filósofo. Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en 1930 traballou como empregado de oficina nun comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 instalouse en Lugo para estudar o bacharelato superior e relacionouse con mozos galeguistas lucenses, cos que participou na fundación das Mocidades Galeguistas, que posteriormente presidiu. En 1933 asistiu á asemblea do Partido Galeguista, celebrada en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha estreita amizade. Participou no coñecido mitin das arengas, celebrado na praza da Quintana en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934, con motivo do Día de Galicia, xunto a Alexandre Bóveda, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Suárez Picallo e outros. En 1936 foi elixido secretario do comité provincial para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Valparaíso 25.11.1915) Militar e político chileno. Estudou na academia militar de Santiago e, en 1973, o presidente S. Allende nomeouno comandante en xefe do exército. En setembro de 1973 dirixiu un golpe de estado que depuxo e matou a Allende e o converteu no xefe da xunta militar que gobernou Chile. Desde 1974 presidiu a república e exerceu con gran rigor os seus poderes ditatoriais (2.115 vítimas durante o seu mandato). As eleccións de decembro de 1989 obrigárono a ceder o cargo a Patricio Aylwin, se ben continuou como xefe supremo do exército. En 1998 abandonou a comandancia do exército e autoproclamouse senador vitalicio de Chile, co que se asegurou a inmunidade diplomática. En novembro dese mesmo ano o xuíz español B. Garzón ordenou a súa detención en Londres e a extradición a España como acusado pola desaparición de cidadáns españois durante a ditadura chilena. Reino Unido non apoiou a extradición e en Chile nomearon un xuíz para investigar as causas criminais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pirámide.

    2. Que ten forma de pirámide.

    3. Cada un dos fascículos de fibras nerviosas descendentes nos cordóns anterior e lateral da medula espiñal.

    4. Músculo situado no dorso do nariz, no cello, antagonista do frontal.

    5. Músculo situado na rexión glútea, que se insire no sacro e no trocánter maior, e que funciona como rotatorio e abdutor do fémur.

    6. Terceiro óso da primeira fila do carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO