"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Ría do litoral occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, na comarca de Fisterra. Formada sobre granitos en dirección NNO-SSL, ábrese entre a punta Galera (concello de Cee), ao L, e o cabo de Cee (concello de Corcubión), ao O. Os ríos Cee, Laxes e Brens verten as súas augas nela. A profundidade das augas no centro da ría acada 31 m. A lonxitude da ría apenas supera os 5 km (5.200 m), mentres que a súa largura máxima é de 1.600 m. As súas augas bañan o litoral das parroquias de Corcubión e Redonda (no concello de Corcubión) e A Ameixenda, Brens e Cee (no concello de Cee). Constitúe un sector de transición entre o litoral da Costa da Morte e o das Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construíuse no último terzo do s XV en estilo gótico mariñeiro. Presenta unha planta de nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e capela maior de planta rectangular cuberta con bóveda de crucería. No s XVIII ampliouse a igrexa coa construción de dúas capelas aos lados da nave: a capela da Nosa Señora das Mercedes e a capela do Carme (1715). A fachada reconstruíuse en estilo neogótico, segundo a traza de Rodríguez Sesmero (1885). A porta orixinaria consérvase trala nova fachada. No interior destaca unha imaxe de san Marcos de finais do s XV ou comezos do s XVI atribuída a un artista do norte de Italia. O evanxelista está sentado nunha cadeira, ornamentada coas armas dos Altamira no apoio e cun león nos pés, e aparece vestido como o prototipo de home renacentista na actitude de escribir o seu Evanxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Corcubión ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Corcubión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) en 1973 da man de Nicolás Redondo. Polo seu contacto cos Altos Fornos de Bizkaia, foi o organizador do sector do metal do sindicato, e secretario de Organización da Federación Sindical Socialista ata 1985. Foi deputado por Bizkaia en 1982 e por Burgos en 1993. No XXXI Congreso socialista (1988) conseguiu a secretaría de Política Institucional e, no mesmo ano, foi ministro de Interior como substituto de José Barrionuevo. Desde este posto propuxo unha nova Lei de Seguridade Cidadá (Lei Corcuera), que foi rexeitada polo Tribunal Constitucional en 1993 por excederse nos límites constitucionais referentes á privacidade legal. Neste ano dimitiu no seu posto pero continuou co seu labor dentro do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De orixe pontevedresa, a súa obra presenta unha quietude e un espírito clásicos, que contrastan co barroco dominante na época. Realizou o segundo e o terceiro corpo do retablo maior de San Pedro de Leirado (Ourense, 1686?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cáncer moi maligno derivado das células que constitúen a placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudou na Universidade de Sydney e na Universidade de Oxford, onde se doutorou en 1941. Traballou no estudo da estereoquímica, da biosíntese dos esteroides e acadou con éxito a síntese do colesterol. Tamén investigou no campo da enzimoloxía. Compartiu o Premio Nobel de Química en 1975 con V. Prelog.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato destinado a cortar un circuíto eléctrico cando a corrente que circula por el sobrepasa un determinado valor durante un certo tempo. Un tipo moi corrente é o de fusible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do NO da Comunidade Autónoma de Galicia, á beira do Golfo Ártabro. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ de latitude N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca de Betanzos (concellos de Paderne, Betanzos, Oza dos Ríos e Cesuras), ao S coas comarcas de Ordes (concellos de Mesía, Ordes e Cerceda) e Bergantiños (A Laracha), e ao O co Océano Atlántico e a comarca de Bergantiños (A Laracha). Abrangue unha superficie de 469,6 km2, nos que acolle unha poboación de 347.609 h (1996) distribuída entre os nove concellos que a integran: Abegondo (83,8 km2; 5.467 h), Arteixo (93,3 km2; 20.898 h), Bergondo (32,7 km2; 5.736 h), Cambre (40,7 km2; 14.972 h), Carral (48 km2; 5.184 h), A Coruña (37,6 km2; 243.785 h), Culleredo (62,3 km2; 18.513 h), Oleiros (43,7 km2; 23.057 h) e Sada (27,5 km2; 9.997 h). A Coruña, situada na zona setentrional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, compositor e dramaturgo inglés. A súa obra, que podería encadrarse dentro do xénero da comedia de salón, retrata a burguesía inglesa e recrea os seus personaxes e conflitos prototípicos. Destaca polos seus diálogos e polo uso expresivo da pausa, recursos que desenvolverá anos despois Harold Pinter. Desenvolveu a súa carreira entre 1920 e 1940, con diferentes obras, como Fallen Angels (Anxos caídos, 1925), Private Lives (Vidas privadas, 1930), Still life (Vida tranquila, 1936) ou Present Laughter (Rir de verdade, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul e xeneral romano. Loitou na facción aristocrática de Sila durante a guerra civil (83-82 a C) e beneficiouse das confiscacións dos seguidores do grupo revolucionario popular liderado por Mario; acumulou, deste xeito, unha gran riqueza que aumentou mediante a especulación e os préstamos con usura. Nomeado cuestor no 81 a C, accedeu ao cargo de pretor no 71 a C, desde o que se enfrontou coa revolta de escravos dirixida por Espartaco, aos que derrotou en Lucania. Cónsul no 70 a C, exerceu a censura no 65 a C. Formou parte do Primeiro Triunvirato, xunto con Xulio César e Pompeio Magno, no 60 a C. Cónsul de novo con Pompeio (55 a C), serviu como procónsul de Siria no 54 a C, onde emprendeu unha campaña contra os partos na que cruzou o Éufrates e conquistou parte de Mesopotamia. No 53 a C foi derrotado pola cabalería dos partos na Batalla de Carres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Comprobación de Redundancia Cíclica é un código detector de erros similar á suma de proba, pero calculado cun algoritmo máis elaborado. Os datos almacenados no disco van acompañados normalmente do CRC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1448-1481), de Noruega (1450-1481) e de Suecia (1457-1464). Sucesor de Cristovo III, foi o fundador da dinastía dos Oldenburgo. Intentou restablecer a Unión de Kalmar (1397). En 1450 proclamou a unión entre Dinamarca e Noruega, que durou ata 1814. A unión con Suecia mantívoa ata a Revolución de 1464.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1515-1523) e de Suecia (1520-1523), fillo e sucesor de Xoán I. En 1520 apoderouse da coroa de Suecia, despois dunha cruenta batalla en Estocolmo, pero perdeuna de novo por mor da revolta de Gustavo Vasa (1523), que se proclamou rei. Os nobres dinamarqueses, que tiñan a facultade de elixir o monarca, entregáronlle o poder ao seu tío Federico I (1523). Fuxiu aos Países Baixos e fracasou na súa tentativa de recuperar o trono (1531-1532). Foi un mecenas da arte e da cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1534-1559). Sudeceu o seu pai Federico I e tivo que vencer os partidarios do seu curmán Cristián II en 1536. Introduciu o protestantismo en Dinamarca. Anulou o carácter electoral da monarquía e estableceu o dereito de herdanza. Sucedeuno o seu fillo Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1588-1648). Fillo e sucesor de Federico II, foi coroado en 1595. Creou a cidade de Cristianía (1624). En 1625 participou na Guerra dos Trinta Anos como xefe dos príncipes protestantes e foi vencido en Lutter (1626). Trala invasión de Xutlandia, asinou a Paz de Lübeck (1629). Derrotado no seu enfrontamento con Suecia, perdeu parte de Noruega e doutros territorios pola Paz de Brömsebro (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO