"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen estraga unha cousa ou provoca confusión.
-
GALICIA
Escultor. Destacan as esculturas Monumento al Helado Artesano en Ibi (1991), o Monumento aos canteiros en Cuntis, a escultura de Xosé Manuel Cabada Vázquez e a súa musa María Luísa na Estrada (2001) e o Homenaxe ao Mariñeiro Desaparecido no porto da Guarda (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París (1881) e formou parte do grupo dos nabís. Influído polo modernismo e Chavannes, Cézanne e Gauguin, fixo Les Lavandières (1893) e Femme à l’ombrelle (1896). Seguiu o espírito dos Arts and Crafts, practicou a tapicería, e a cerámica, desde 1896 dedicouse á escultura. Influído por Rodin, despois dunha viaxe a Grecia (1908) adoptou o canon clasicista, e tratou o tema da muller núa en Pomona (1907-1910), Flore (1912), Vénus au collier (1924-1930), Les Trois Nymphes (1930-1937) e La Rivière sans socle détail (1939-1943).Das esculturas masculinas destacan o busto de Renoir (1907), Le cycliste (1908) e Monument aux morts (1933). En 1964 unha selección da súa obra foi feita en bronce e colocada nos xardíns das Tulleries de París. Adicouse tamén á ilustración de libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Traxe de baño feminino dunha soa peza.
-
Camiseta deportiva que usan os ciclistas.
-
Peza de roupa feminina dunha soa peza e de tecido elástico, que se emprega para facer deporte.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Instrumento empregado para mallar os cereais, composto por dúas pezas de madeira de diferente tamaño unidas por unha correa. Agárrase pola peza máis longa, a moca, e golpéase coa máis curta, a pértega.
-
Martelo de madeira de diferentes tamaños.
-
Máquina que se emprega para traballos de deformación de metais e que consiste nunha base ou engra, unha masa móbil e un sistema de accionamento por medio dun fluído que fai que a masa golpee o engra. Os mallos poden ser de simple efecto, ou de caída libre, se a enerxía da masa móbil se produce unicamente polo seu propio peso no traxecto de caída; ou de dobre efecto, se a enerxía de caída se une á outra, comunicada externamente mediante vapor ou aire comprimido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amalloa.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información na Universidad de Navarra. Iniciou o seu labor periodístico en La Noche e despois na emisora La Voz de Vigo. Foi director de La Voz de Extremadura e La Voz de Guipúzcoa (1963-1969). En 1979 ingresou na axencia EFE para a que foi delegado en Montevideo, Santiago de Chile e Santiago de Compostela, e rematou a súa carreira como director en El Ideal Gallego. Publicou El hijo del emigrante (2000) e Colmeiro, Laxeiro, Torres: tres pintores históricos de Pontevedra (2001). Recibiu o Premio Nacional Virgen del Carmen (1972), o Premio Nacional de Periodismo Turístico (1991), Premio Periodismo de Arte (1999) e a Medalla de Bronce de Galicia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Foi alumno de Asorey, López del Riego e Acuña, e director da Escola de Artes e Oficios de Lugo. Desde a década de 1980 traballa nas obras inacabadas da Sagrada Familia de Barcelona, para as que realiza columnas, capiteis e pináculos no seu taller de Begonte. Recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2001) e a Medalla Castelao (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Uxío González Mallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristino Gómez González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ana María Gómez González.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación clandestina aparecida en Barcelona en 1973. Non cesou antes do 3 de xaneiro de 1974 (nº2). Fundada por Xosé L. García, o segundo número apareceu co subtítulo “Loita pola liberación de Galicia. Unión do Pobo Galego (UPG)”. Funcionou como órgano de expresión da Irmandade Democrática Galega (IDGA).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Foi misioneiro en Filipinas e ensinou humanidades na Universidade de Manila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amalloa.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias das Trabancas (Agolada) e San Fiz de Amarante (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 661 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de maior tamaño do arquipélago das Illes Balears, que ocupa a posición central dentro do arquipélago (3.624 km2; 841.669 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A costa é moi regular, aberta ás baías de Pollença e Alcúdia ao NL, e á de Palma ao SO. O relevo está constituído por dúas aliñacións montañosas, a serra da Tramuntana e as serras de Llevant, orientadas de SO a NL. Entre elas esténdese unha chaira central. O clima é mediterráneo. Na distribución da poboación destaca o continuo crecemento da cidade de Palma de Mallorca, que en 1900 representaba o 25% da poboación total e en 1981 chegaba ata o 54,32%. En 1986 comezou un leve retroceso en beneficio dos municipios da periferia urbana. En 1991, a poboación ocupada era do 35,4%. O sector primario representa o 4,7% da poboación activa e os servicios ocupan o 66,2% da poboación activa. A industria (14,5%) e a construción (14,6%) son actividades complementarias. A agricultura e o comercio foron as actividades básicas... -
REINOS
Territorio que comprendía Mallorca, Eivissa, os condados do Rosellón e Sardeña, o señorío de Montpellier e outros territorios occitanos, e posteriormente Menorca. Foi creado á morte de Xaime I de Aragón en 1276. Co Decreto de Nueva Planta do 28 de novembro de 1715, converteuse nun simple título nobiliario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Taifa independente que comprendía as Illes Balears, constituída entre 1076 e 1078 como consecuencia da derrota dos Banū Muğāhid de Denia ante o rei de Zaragoza al-Muqtādir. Posteriormente comezou un segundo período independente (1158-1203). Mallorca, refuxio e centro da causa almorábide andaluza, foi gobernada pola dinastía Banū Ġāniya ata que ‘Abd Allāh ibn Ishāq ibn Gāniya a perdeu no enfrontamento co califa al Nāsir.