Mallo, O

Mallo, O

Publicación clandestina aparecida en Barcelona en 1973. Non cesou antes do 3 de xaneiro de 1974 (nº2). Fundada por Xosé L. García, o segundo número apareceu co subtítulo “Loita pola liberación de Galicia. Unión do Pobo Galego (UPG)”. Funcionou como órgano de expresión da Irmandade Democrática Galega (IDGA).