"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Adiviñación que se fundamenta na observación do canto ou do voo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitomímidos.

    2. Réptil fósil da familia dos ornitomímidos.

    3. Familia de réptiles fósiles, saurisquios, da suborde dos terópodos, carnívoros ou omnívoros, bípedes, que medían entre 2 e 4 m de lonxitude. Eran moi parecidos ás avestruces actuais, carecían de dentes e tiñan tres dedos con gadoupas nas patas dianteiras. Viviron a finais do Cretáceo hai uns 15 millóns de anos. A maioría dos xacementos descubríronse en América do Norte, en Mongolia e en certas rexións europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ornitisquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión que se sustenta e avanza pola reacción do aire sobre superficies de sostén dotadas dun movemento semellante ao movemento das ás das aves e que constitúe o único sistema de propulsión do aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos monotremos que pode chegar ao medio metro de lonxitude total. De corpo aplanado, presenta unha cola ampla e deprimida, os dous pares de patas transformadas en aletas e a cabeza remata nun bico plano. O corpo está completamente recuberto dun pelame de cor castaña nas partes superiores e máis clara nas inferiores. Trátase dun animal de costumes acuáticos que nada e se move pola auga con grande axilidade. Vive na banda oriental de Australia e en Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.

    2. Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.

    3. Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que comprende un único xénero (Ornithorynchus) e unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa rara, producida por bacterias do xénero Miyagawanella, que se transmite por diversas aves, como as pombas ou as galiñas, que non pertencen ao grupo dos psitácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta que habita na parte alta da montaña e que presenta unhas estruturas características que lle permiten adaptarse ás condicións ambientais destas rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Foi vicepresidente da Asociación Numismática Madrileña, membro do comité executivo dos Congresos Nacionales de Numismática e secretario da Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos. Posúe unha importante colección de moedas de Castela e León e Galicia, e escribiu Acuñaciones de Alfonso IX (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi martirizado na cidade italiana de Lecce, da que é o patrón. A súa festividade celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orquiectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica dun testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica nun testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi ministro de Educación (1980-1981) e de Educación, Universidades e Investigación (1981). Exerceu como director corporativo en Repsol (1995-2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, escritor e político, fillo de José Ortega y Gasset. Foi fundador de Alianza Editorial (1966), onde promoveu as edicións de peto, e do xornal El País (1976), en que marcou a súa liña progresista e liberal. Dirixiu a Revista de Occidente na súa segunda época (1963). Fundou o grupo de comunicación PRISA e presidiuno ata 1984, cando foi nomeado presidente de honra. Asesor da UNESCO e membro da Unión Internacional de Editores, foi senador por designación real nas Cortes Constituíntes (1977). Publicou, ademais de numerosos artigos e do libro colectivo Amores de cinco minutos (1995), El área remota (1986), Relatos en espiral (1990), Historia probable de los Spottorno (1992) e Los Ortega (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de montes. Interesado no aproveitamento enerxético da biomasa residual e na reciclaxe, foi asesor europeo do proxecto enerxético da Comisión Europea en Centroamérica e do Programa Curen. Escribiu Ingeniería del medio ambiente (1994), Energías renovables y medio ambiente (1995), Manual de gestión medioambiental M.G.M (1996) e Manual de gestión y aprovechamientos forestales de los produtos maderables (1996). Recibiu o Premio de Medio Ambiente da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saída dun astro polo horizonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO