Órrea, Santo André de

Órrea, Santo André de

Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.