"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Orto (Abegondo). Conserva unha torre de forma cúbica do s XVII unida ao edificio central, máis antigo. En ambos os dous corpos destacan os escudos de armas. O patín presenta balaustrada de ferro, que contrasta coa de madeira da fachada posterior. Presenta un muro de peche, en cachotaría, con portón de entrada.
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘recto’, ‘dereito’, ‘correcto’,‘regular’.
-
-
[o-]
-
Forma prefixada que, anteposto ao nome dun oxoácido, indica a súa forma máis hidratada.
-
Forma prefixada que se emprega para indicar que nun sistema de dous electróns, ambos teñen spins do mesmo signo.
-
-
Forma prefixada que indica que unha rocha está producida pola metamorfose doutra rocha que orixinariamente era magmática.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma máis hidratada dun oxoácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido bórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera éster do ácido ortocarbónico, de fórmula xeral C(OR)4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido hipotético do que derivan formalmente os ortocarbonatos de alquilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto de inserción das tres alturas dun triángulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ortosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao material fotográfico, como emulsións, placas ou películas, sensible a todas as cores do espectro que están comprendidas entre o amarelo e o violeta, e insensible, polo tanto, ao vermello.
-
-
ortodontoloxía.
-
Técnica que ten por obxecto tratar, corrixir e previr as irregularidades das posicións dos dentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ortodoncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en ortodoncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ortodontista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da odontoloxía que se ocupa da prevención e o tratamento das irregularidades da posición dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de Igrexas Orientais que desde o s XI se desligaron de Roma para subordinar a súa obediencia ao patriarca de Constantinopla. Baseouse no concepto doutrinal de fidelidade aos sete primeiros concilios ecuménicos anteriores á separación de Roma e organizouse arredor dos seus patriarcas ou de Igrexas sinodais, unidas doutrinal e liturxicamente, se ben cunha independencia xurídica con respecto ao patriarca ecuménico de Constantinopla. Algunhas das súas doutrinas foron a defensa da identidade cos testimonios apostólicos orixinais e do Espírito Santo como o principal guía da Igrexa, a aceptación dos sete sacramentos ou a veneración da Virxe María como nai de Deus, rexeitando o dogma católico da Inmaculada Concepción. Ao mesmo tempo, consentiron a conversión sacerdotal dos homes casados. Tras a ruptura con Roma (s XI), os escasos intentos de unión a través do Concilio II de Lyon (1274), o Concilio de Florencia (1439), e, sobre todo, desde a caída de Constantinopla baixo os turcos (1453),...
-
-
Conformidade cos enunciados dunha doutrina, ideoloxía, relixión ou dunha determinada forma de pensar.
-
Profesión da fe cristiá auténtica tal coma a Igrexa a ensina e define, en oposición ás opinións heréticas e heterodoxas.
-
Conxunto de dogmas seguidos pola Igrexa Ortodoxa.
-
Conmemoración da vitoria sobre a iconoclastia e da restitución do culto ás iconas establecida no 842 pola emperatriz Teodora, que a Igrexa Ortodoxa celebra o primeiro domingo de Coresma. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Que ou quen segue unha doutrina considerada como verdadeira por unha relixión.
-
Que ou quen mostra conformidade coas doutrinas ou prácticas xeralmente aceptadas.
-
-
Relativo ou pertencente á Igrexa Ortodoxa.
-
Membro da Igrexa Ortodoxa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
-
-
Liña máis curta entre dous puntos, que nunha superficie esférica é o arco do círculo máximo que pasa polos dous puntos.
-
Liña de menor lonxitude de todas as que pasan por dous puntos dados da superficie terrestre.
-
-
Rota dunha embarcación ou dunha aeronave que coincide coa ortodromía dos seus puntos de partida e de chegada. Dado que é a distancia máis curta entre dous puntos da superficie terrestre, é a rota en que teoricamente procuran navegar os pilotos das embarcacións e, especialmente, os das aeronaves.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ortodromía.