Orto, pazo de

Orto, pazo de

Construción situada en Orto (Abegondo). Conserva unha torre de forma cúbica do s XVII unida ao edificio central, máis antigo. En ambos os dous corpos destacan os escudos de armas. O patín presenta balaustrada de ferro, que contrasta coa de madeira da fachada posterior. Presenta un muro de peche, en cachotaría, con portón de entrada.

Palabras veciñas

Ortiz, Mecha | orto | Orto | Orto, pazo de | orto- | Ortoá | ortoácido