"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Nun espazo vectorial, de dimensión finita e dotado dun produto interno, proceso que permite determinar unha base ortogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir segundo as regras da ortografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recta escritura das palabras dunha lingua.

    2. Parte da gramática que ensina a recta escritura das palabras e dos outros signos gráficos, como os de acentuación e os de puntuación. O concepto de ortografía supón a acomodación da escritura da lingua a unhas normas establecidas segundo criterios etimolóxicos, como tamén da evolución e do uso lingüístico. Así, nas diversas épocas da historia das linguas fálase antes de grafías que de ortografías dos diversos estadios sincronicamente considerados.

    3. Técnica da xeometría proxectiva que consiste en facer proxeccións ortogonais nun plano vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ortografía.

    2. Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronunciación, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en ortografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma excitada do átomo de helio en que un dos seus dous electróns pasou ao nivel 2s e ambos os dous electróns presentan spins do mesmo signo, o que orixina un espectro electrónico formado por tres raias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das formas coexistentes en alotropía dinámica no hidróxeno molecular (H2), en concreto aquela en que os spins dos dous núcleos están aliñados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciación correcta dunha lingua determinada. Adóptase como base desta corrección normalmente a variante lingüística propia dunha cidade ou dunha rexión determinada, que adoita ter un peso cultural específico no seu dominio lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ortoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao estado de cristalización dun magma a temperatura elevada (uns 800°C), no decurso do que se forman a maior parte das rochas magmático-plutónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á transformación ou representación dunha figura sobre unha superficie conservando a forma dos seus elementos infinitesimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Kingsley Orton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Joe Orton, ridiculizou as condutas e as institucións sociais co seu fino humor e ironía. Da súa produción destacan The Ruffian on the Stair (1963), Entertaining Mr Sloane (1964), Loot (1966), Crimes of Passion (1967) e What the Butler saw (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ortonéctidos.

    2. Mesozoo do filo dos ortonéctidos.

    3. Filo de mesozoos, da clase dos ofiuroideos, que está formado por pequenos animais mariños, endoparasitos de moluscos lamelibranquios, poliquetos, nemertinos, platihelmintos e equinodermos. Teñen estrutura vermiforme, e están formados por unha capa externa de células multiciliadas que rodean unha masa interna onde se atopan os espermatozoides e os óvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ames baixo a advocación de san Xoán, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao subconxunto ortogonal de vectores nun espazo vectorial que ten como norma a unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ortonormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ortogonalización que determina unha base ortogonal e normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas que tratan da educación de persoas que presentan algunha incapacidade, problemas de aprendizaxe ou de integración e aos que lles é insuficiente a educación ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento mecánico, cinético, posicional ou cirúrxico, das deformacións ou desviacións dos ósos ou das articulacións.

    VER O DETALLE DO TERMO