ortografía
ortografía
(< lat orthographĭa
-
s
f
Recta escritura das palabras dunha lingua.
-
s
f
[LING]
Parte da gramática que ensina a recta escritura das palabras e dos outros signos gráficos, como os de acentuación e os de puntuación. O concepto de ortografía supón a acomodación da escritura da lingua a unhas normas establecidas segundo criterios etimolóxicos, como tamén da evolución e do uso lingüístico. Así, nas diversas épocas da historia das linguas fálase antes de grafías que de ortografías dos diversos estadios sincronicamente considerados.
-
s
f
[MAT]
Técnica da xeometría proxectiva que consiste en facer proxeccións ortogonais nun plano vertical.