"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xornal publicado na Cidade do Vaticano a partir do 1 de xullo de 1861. Subtitulouse “Giornale politico morale”, “Giornale quotidiano” e “Giornale quotidiano político religioso”. Foi voceiro propagandístico do Santo Pontífice e da Santa Sé e, en 1861, pasou a mans dos xornalistas Zanchini e Bastia. O 30 de xuño de 1865 tomou o control o marqués de Baviera e comezou unha nova etapa marcada pola independencia e a polémica con outras publicacións romanas. Aínda que publica documentos oficiais do Vaticano e está considerado como o seu órgano oficioso, é a Acta Apostolicae Sedis a que desenvolve esta función.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se caracteriza pola ostentación.

    2. Que amosa moito luxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma nova da célula ósea responsable da formación e a calcificación da substancia intercelular dos ósos. De orixe mesenquimática, atópase no tecido conxuntivo e no cartilaxinoso no proceso de osificación. Está adaptado a unha grande actividade metabólica e ten capacidade de formación de fosfatases alcalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor óseo, de carácter benigno, que se considera unha forma xigante de osteoma osteoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma madura da célula ósea, que constitúe o tecido óseo desenvolto. É importante na regulación do metabolismo do calcio e na envoltura de materia ósea calcificada, sen perder a capacidade de división.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula multinucleada (4-20 núcleos por célula), coa estrita función de desfacer a substancia intercelular calcificada do óso. Permite a constante modelación da forma dos ósos en período de crecemento. OBS: Tamén se denomina osteófago ou mieloplaxa de Robin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor óseo constituído por células semellantes aos osteoclastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excrecencia ósea irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óso petrificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade oca, recuberta de substancia ósea, que contén un osteocito. Relaciónase cos osteoplastos veciños por medio dos canalículos óseos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cortante que se emprega para practicar a osteotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ostomátidos.

    2. Insecto coléoptero da familia dos ostomátidos.

    3. Familia de insectos pterigotos, da orde dos coleópteros, de dimensións pequenas e medianas, que teñen a cabeza moi metida dentro do tórax, as antenas curtas con ápice groso, o protórax amplo, as patas curtas e os élitros cobren todo o abdome. Son, en xeral, de cor negra brillante e habitan no interior dos troncos vellos, nos fungos e en diversas substancias vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións cirúrxicas que consisten na abertura dun estoma que permita evacuar os produtos sobrantes, debido á perda das funcións do intestino ou da vexiga, por causas conxénitas, traumas ou por enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten viveiros de ostras e as cría industrialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi conselleiro de Economía (1983) e conselleiro maior do Consello de Contas (1991-2000). Dirixiu o Colexio Universitario de Vigo e a Universidad del Atlántico. Escribiu En torno a la teoría del desarrollo económico. (Desarrollo económico italiano) (1963), Una investigación sobre la influencia de la economía en el derecho (1966), Estudios de economía gallega (1984) e Clásicos del pensamiento económico y financiero. Reflexiones sobre las corrientes tradicionales del pensamiento económico (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Dos seus obradoiros saíu Aires da miña terra (1880), de Curros Enríquez; Follatos (1891), de Filomena Dato; Armas de Ourense (1891), de Benito Fernández Alonso (1891); Historia Eclesiástica (1895), de Valentín Portabales; e El pontificado gallego: crónica de los Obispos de Ourense, de Benito F. Alonso (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estatocisto.

    2. cnidoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos félidos, que presentan unha lonxitude de 50 a 65 cm e 30 cm de cola, o pelame amarelo ou agrisado, e as patas e a cola con aneis. Aliméntanse de pequenos mamíferos. Son orixinarios de Oriente Medio e Asia, e distribúense desde Irán ata Siberia e China. Habita nas rexións de pouca vexetación, incluíndo as estepas e os desertos. Este xénero presenta unha soa especie, O. manul.

    VER O DETALLE DO TERMO