"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • de desfalecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destruír unha fortaleza ou quitarlle a súa gornición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desgaleguizar ou desgaleguizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder a cultura e a lingua propias de Galicia substituíndoas por outras alleas.

    2. Perder a cultura e lingua galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Foi director do observatorio de Meudon e de París. Estudiou a espectroscopia de bandas moleculares e a física do Sol con luz monocromática, e traballou na busca dunha posible relación entre os fenómenos solares e o magnetismo terrestre, e en espectrografía estelar. Descubriu o espectroheliógrafo, que permite obter imaxes das diversas compoñentes monocromáticas da luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo do flamengo Nicasius Bernaerts, especializouse na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas. Realizou estudios paisaxísticos do natural para realizar os fondos das súas composicións. Entre as súas obras destaca Brocart gardè par cinq chiens (Brocart protexido por cinco cans). Realizou tamén tapices para a manufactura dos Gobelins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación ou sentimento de abandono ou desamparo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, farmacéutico e químico. A súa obra tivo dous aspectos: os estudios para intentar demostrar que a arte románica se orixinou en Catalunya e a elaboración dunha ambiciosa teoría sobre as civilizacións e os ciclos históricos. Entre as súas obras destaca Matemática de la historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín cultural en galego editado polos alumnos do Colexio Universitario de Vigo en 1978. Contou coa colaboración de Víctor Freixanes, Camiño Noia, Enrique X. Macías, Alonso Montero e Felipe M. Marzoa, ademais do colectivo de poesía Rompente e o Cine-Clube de Vigo. Incluíu seccións dedicadas ao cine, ás letras, á música e á historia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada entre os anos 1980 e 1982 pola Federación de Asociacións Culturais Galegas. De tendencia nacionalista, incluía textos literarios, ensaios e artigos onde se analizaba a problemática lingüística galega. Entre os colaboradores destacan Avilés de Taramancos, Darío X. Cabana, Manuel Forcadela, Bernardiño Graña, Margarita Ledo, Manuel María, Xosé M. Martínez Oca, María Mariño, Marcos Valcárcel e Pilar Vázquez Cuesta. No eido gráfico cómpre salientar as contribucións de Laxeiro, Virxilio, Xaquín Marín, Xosé Lois, Pepe Barro, Elena Gago e Carlos Silvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data consagrada á exaltación das letras e a lingua galegas instituída pola Real Academia Galega. A referencia cronolóxica para este evento foi a celebración do centenario da publicación do libro Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, por ser a obra que impulsou o renacemento da literatura galega contemporánea. A iniciativa partiu de Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo, que presentaron un escrito á corporación académica o 20 de marzo de 1963. Pedíase a perdurabilidade da conmemoración e o seu carácter anual, e un día oficial para homenaxear os autores e os libros en galego. Nunha xunta xeral a Academia resolveu o 28 de abril, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, data que coincide co día da dedicatoria por parte de Rosalía de Cantares Gallegos á tamén escritora Fernán Caballero. Dende entón, dedícase anualmente a unha figura relevante dentro das letras e cultura galegas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un dialecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trazo lingüístico propio dun dialecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de conversión en dialecto dun dominio lingüístico ou dunha lingua literaria unificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á dialéctica.

      2. Aplícase ao pensamento, ao diálogo ou ao comportamento que intenta establecer e manter ao mesmo tempo aspectos opostos entre eles e os seus complementarios.

      1. Persoa que profesa a dialéctica.

      2. Persoa hábil no diálogo, que ten unha maneira de pensar non simplista, de acordo coa complexidade da realidade.

      1. Rama da lóxica que ensina as regras do razoamento.

      2. Proceso mental de comprensión do real mediante a contraposición e a síntese dos contrarios, de acordo coa mesma condición complexa da realidade constituída por elementos antitéticos. A dialéctica abrangue tanto o modo discursivo de comprensión da realidade (dialéctica do pensamento), como a mesma realidade (dialéctica das cousas). Como proceso mental, opera por divisións, contraposicións e sínteses parciais, pero ao mesmo tempo intúe a totalidade que se supón constitutiva do real. Na filosofía occidental, sinálase a Heráclito como o primeiro en entrever a dialéctica das cousas. Configurada como un modo de pensamento e arte da discusión por Zenón e os sofistas, Sócrates fixo do diálogo o método de clarificación nas ideas. Platón adoptou esta técnica e concibiuna como unha ciencia que, partindo sempre do sensible e das verdades parciais das diversas ciencias, acada as ideas xerais e o fundamento do saber (dialéctica ascendente) e, ao mesmo tempo, baixa desde estes...

    1. Termo que ten a súa orixe na filosofía grega e que alude á arte de expresar as propias convicións, desenvolvendo argumentos e ideas, para convencer aos que sosteñen as contrarias. Adoita empregar a forma de diálogo, no que alternan afirmacións e as súas réplicas correspondentes, se ben ás veces se encarna nun monólogo. Trátase dunha disciplina complementaria da retórica que se utiliza como un medio de persuasión. Foi unha das artes liberais e integrouse no trivium. Durante o Renacemento perdeu importancia e adquiriu un carácter negativo que se mantivo ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade intraidiomática que se distingue doutras pertencentes á mesma lingua en función da zona xeográfica onde se fala, a clase social que a utiliza, etc. As diferencias entre os dialectos poden darse no plano léxico, morfolóxico, sintáctico e/ou fonético. O termo dialecto referíase en principio exclusivamente á variación espacial, pero a noción foi estendéndose ata abranguer calquera tipo de variación: espacial, temporal, social ou situacional (estilística). De aí que para evitar ambigüidades, sexa conveniente utilizar o termo acompañado dun cualificativo. Pola contra, poderá interpretarse no seu sentido máis xenérico -equivalente a variedade-, ou ben na súa acepción orixinaria, dialecto espacial ou xeográfico, tamén denominado xeolecto, do mesmo xeito que o dialecto social se coñece como sociolecto. Os dialectos, na medida en que son ‘variedade de’, remiten sempre a unha lingua determinada, que os inclúe, e neste sentido o concepto é relativo. Por exemplo, o galego lucense e o galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en dialectoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina lingüística, tamén denominada xeografía lingüística ou xeografía dialectal, que trata o estudo sistemático de todas as formas de dialectos, especialmente os xeográficos ou rexionais. Tamén se entende por dialectoloxía a descrición de falas illadas, sen referencia a outras veciñas ou da mesma familia. Os estudios dialectolóxicos teñen como antecedente a contestación que no s XVIII se produce á visión da lingua como unha entidade inmutable e de carácter basicamente escrito, aínda que non comezarían propiamente a súa andaina ata finais do s XIX. A dialectoloxía tradicional tivo a súa orixe nas investigacións dos neogramáticos para establecer as leis fonéticas, adquiriu unha certa sistematicidade en Alemaña con George Wenker e estableceuse definitivamente cos traballos de J. Gilliéron e a aparición dos atlas lingüísticos. Tomando como base cuestionarios escritos e posteriormente gravacións magnetofónicas, as investigacións dialectolóxicas tentaron ver as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento métrico que consiste en pronunciar en sílabas diferentes a vogal final dunha palabra e a inicial da palabra seguinte, con finalidade estilística. É o fenómeno oposto á sinalefa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos xenes que teñen dous alelos.

    VER O DETALLE DO TERMO