"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Papa (105-115) que morreu decapitado na persecución do Emperador Adriano. A súa festa celébrase o 3 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
De nome Anselmo de Baggio e de orixe milanesa. Foi elixido Papa (1061-1073) e escolleu como conselleiros a Pedro Damián e Hildebrando. Tivo que se enfrontar co Antipapa Honorio II. Promoveu as primeiras cruzadas -denominadas precruzadas- contra os árabes en Sicilia e en terras catalanas, para tomar Barbastro (1064), sen grande éxito, xa que a cidade volveu a mans de Mudáffar de Lleida no ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1855-1881). Sucedeu a Nicolao I e puxo fin á Guerra de Crimea (1856). Tentou unha tímida liberalización que repercutiu nos feitos posteriores de Rusia. No 1861 liberou os servos e expropiou os nobres; a reforma realizouse utilizando institucións tradicionais como o mir. Realizou reformas na administración: creación de asembleas locais (zemstvo), reforma da xustiza, modificación do ensino e institución do servizo militar obrigatorio (1874). Coa insurrección de Polonia e o intento de rusificar o país, acabou o período de reformas. A nobreza polaca foi considerada responsable da insurrección e en Polonia as terras foron repartidas entre os campesiños. A política exterior de Gorcakov baseouse no paneslavismo. Dende 1859 os rusos atacaron o Cáucaso e conquistaron o Daguestán, para comezar as exploracións petroleiras de Bakú. No 1860 foi fundada Vladivostok e comezou a conquista do Turkestán. A causa do fracaso das reformas e da política paneslavista, desenvolveuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Chamado Ronaldo Bandinelli, foi Papa dende 1159 a 1181. Xurista recoñecido (do que se conservan os Stromata, comentarios ao Decretum Gratiani), cando era Cardeal defendeu a autoridade do papa por riba do emperador, actitude frecuente entre a xerarquía eclesiástica do século XII xa defendida por Xelmírez. Por este motivo, Federico Barbarrubia opuxo á súa elección pontificia tres antipapas, dos que o máis importante foi Víctor IV. Despois dunha serie de incidentes, Alexandre III exiliouse en Francia; percorreu toda a Lombardía e despois de dezaoito anos de loita venceu, xuntamente coa Liga Lombarda de cidades, a Barbarrubia en Legnano (1176) e obrigouno a asinar a paz en Venecia (1177). Tivo dificultades graves con Enrique II Plantagenet de Inglaterra polo asasinato do Arcebispo Tomas Becket, que canonizou (1173). Chegado a Roma, o Antipapa Calixto III tivo que someterse a el. En 1179 reuniu o Concilio de Letrán (XI ecuménico), que regula a elección pontificia e reprimiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei (103-176 a C) e gran sacerdote asmoneo. Sucedeu ao seu irmán Aristóbulo I. Expandiu os seus dominios ata a costa de Palestina. Reprimiu violentamente a primeira revolta dos fariseos contra os asmoneos (feito que orixinou, posiblemente, a seita dos esenios).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandre o Grande.
-
PERSOEIRO
Gran Duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras combatendo contra os suecos (1240) a rentes do río Neva (o que lle vale o alcume Nevski), preto da futura San Petersburgo, e contra os cabaleiros da Orde dos Portaespada, vencendo a ambos, para adoptar unha política de defensa e submisión verbo dos mogois. Considerado salvador da ortodoxia, venérase como santo pola Igrexa Oriental. Cando o Tsar Pedro o Grande funda a cidade de San Petersburgo (1703), conságralle un mosteiro e convérteo en santo nacional e dinástico de Rusia. Recibe culto nos países eslavos; a Catedral de Sofía (Bulgaria) ten a súa advocación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (222-235 d C); curmán e sucesor de Heliogabalo. Atribúenselle as reformas que consolidaron o poder do Senado, no que creou unha especie de consello de rexencia formado por dezaseis senadores; así mesmo, reformou o cursus honorum nos graos intermedios e atribuíu aos prefectos do pretorio a dignidade senatorial. Iniciou unha serie de reformas xurídicas, financeiras (tentou reducir os gastos do exército) e sociais (introdución da protección social e da beneficiencia). Partidario do sincretismo relixioso, mantivo os seus privilexios aos xudeus e tolerou o Cristianismo. O alzamento dos sasánidas no Oriente obrigouno a loitar contra Ardacher I (232). Trasladouse ao Rin para negociar cos pobos xermánicos (234), pero foi asasinado polos seus lexionarios nunha revolta militar dirixida polo oficial tracio Maximino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
De nome Petros Filargos, exerceu como Papa dende 1409 ata 1410; foi considerado Antipapa polos canonistas. Resultou elixido Papa polo Concilio de Pisa, que pretendía acabar co Cisma de Occidente. Os dous papas que o concilio depuxera anteriormente, non se someteron ás decisións que nel se tomaran e o cisma converteuse en tricéfalo. Martiño o Humano non recoñeceu o novo Papa e mantivo a súa obediencia a Bieito XIII (Pedro de Luna). O seu nome permaneceu no anuario pontificio ata 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
De nome Roderic de Borja, foi Papa dende 1492 ata 1503. Pertencía a unha familia da pequena nobreza valenciana e era sobriño materno do Papa Calixto III. Destinado á carreira eclesiástica, antes de cumprir os 16 anos xa lle concederan un beneficio en Xàtiva e unhas coenxías en Segorbe (Castelló). Doutorouse en Dereito Canónico en Boloña (1456) e canda o seu tío ascendeu ao Pontificado cardeal-diácono. Foi titular ou administrador das mitras de Girona, València, Cartagena, Albano, Mallorca e Eger, entre outras. Probablemente, ordenouse sacerdote no 1458 ou no 1459. Designado por Calixto III vicechanceler da Igrexa no 1457, conservou o cargo sen interrupción baixo Pío II, Paulo II, Sixto IV e Inocencio VIII. Durante a súa etapa de cardeal, interveu na conclusión da Guerra Civil do Principado e legalizou o matrimonio fraudulento de Fernando II e de Isabel de Castela, aos que lles deu o apelativo de Reis Católicos (1496). No 1492 foi elixido Papa. Atribúenselle polo menos dez fillos....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
De nome Fabio Chigi, foi Papa dende 1665 ata 1667. Fixo rematar a construción da columnata vaticana de Bernini e do altar da Confesión. Interveu na cuestión xansenista e permitiu algúns dos denominados “ritos chineses”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Benedictino francés. É autor do Traité générale des horloges (Tratado xeral dos reloxos, 1734), primeiro tratado francés da especialidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran mosaico dos ss II ou I a C, atopado en Pompeia na Casa do Fauno. Representa unha batalla de Alexandre contra o exército persa de Darío o Grande, moi probablemente copia dunha pintura helenística perdida. Un dos mellores exemplares dos mosaicos antigos. Consérvase no Museo Nacional de Nápoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran sartego atopado en Sidón, probablemente a tumba dun dos príncipes da cidade, con relevos que representan a Alexandre en combate. Obra de feitura grega (s IV a C) consérvase no Museo de Istambul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do grego Aléksandros (’Aλέξανδρος) composto polo verbo ἀ λέξω ‘protexer, defender’ e o substantivo ἀ ν ή ρ, ἀ νδρός ‘home’, é dicir, ‘defensor dos homes’ ou ‘protexido’, que chegou a nós a través do latín Alexander, -andri. Conta a lenda que cando Príamo e Hécuba esperaban un fillo, un oráculo advertiulles que aquel meniño habería traer a ruína de Troia. Por mor do augurio, os pais abandonaron o neonato no monte Ida. Alí foi recollido por uns pastores que lle deron o nome de Alexandro polo contido semántico que tiña o termo (‘protexido’). Entre os santos que teñen este nome, cómpre salientar: santo Alexandre I (s II), santo Alexandre de Bérgamo (s III) e o príncipe de Novgorod, santo Alexandre Nevski (s XIII). Ao se fundar a cidade de San Petersburgo (1703), Pedro o Grande consagroulle un mosteiro e converteuno en...
-
PERSOEIRO
Poeta romanés que participou na Revolución do 1848. Iniciouse baixo a influencia do Romanticismo francés e evoluíu cara a formas máis tradicionais. A súa obra componse de fábulas, sátiras e poemas de tema histórico, de carácter lírico-patriótico, foi recollida no 1863 co título Meditatii, elegi, apistole, satire si fabule.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo, tradicionalmente empregado en Occidente, da cidade turca de nome árabe Iskenderun.
-
CIDADES
Cidade e porto do norte de Exipto na desembocadura do Nilo. Ten o status de mu ḥ āfa ẓ a independente (3.431.000 h [estim 1995]). Esténdese sobre o cordón litoral que separa o lago Maryut do mar Mediterráneo e inclúe na península de Ra´s al Tîn (Pharos), que dividiu o porto en dous brazos. É o principal porto comercial do país e un diversificado centro industrial. Ao longo do Canal de Ma ḥ mūdīya e do porto concéntranse as industrias téxtiles, algodoeiras, alimentarias, de tabaco, cervexa, coiro, pneumáticos e montaxe de automóbiles. Quedan poucos restos da cidade antiga; a actual ten un aspecto totalmente europeo: construída segundo un plano ortogonal, o centro comercial e financeiro atópase ao S do porto oriental. A área residencial esténdese polo litoral. Ben comunicada co interior por ferrocarril, é o principal porto do país. Ten aeroporto e universidade. É ademais Sé patriarcal (patriarcado de Alexandría)....
VER O DETALLE DO TERMO