"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Conxunto das características propias da Idade Media.
-
Afección pola Idade Media que preconiza un retorno ao pensamento ou á maneira de vivir da época medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrupción do aire por parte dun axente calquera, especialmente por parte do hidróxeno sulfurado, que o fai irrespirable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica definida pola presenza de megálitos que puido xurdir no occidente de Europa e que acadou o seu máximo florecemento entre finais do III milenio a C e a primeira metade do II milenio a C. A súa característica principal foi a construción de monumentos, na súa maior parte funerarios, a base de pedras de gran tamaño. En Galicia a tipoloxía arquitectónica da cultura megalítica que inclúe antas, mámoas, pedrafitas e círculos líticos, intégrase nun conxunto máis amplo espallado polo territorio de Asturias, a metade occidental de León e Zamora e o norte de Portugal ata o Douro. A presenza de restos desta cultura documéntase en todo o territorio, situados en zonas chairas, tanto a altitudes elevadas como baixas. Na cultura megalítica galega poden distinguirse tres períodos: a fase inicial, datada arredor de 3500 a C, que foi o período de eclosión onde predominaron os sepulcros pequenos e as antas de cámara poligonal sen corredor e na que se atoparon, nos enxovais, fundamentalmente...
-
-
-
Existencia, nunha poboación animal, de individuos de coloración negra (denominados melánicos), causada por unha sobreprodución de melanina.
-
melanismo industrial
Presenza de formas melánicas dunha especie nun medio escurecido pola polución industrial. Modifican o predominio das formas de cada poboación, onde as formas melánicas predominan nas zonas contaminadas e as pálidas nas non contaminadas.
-
-
melanose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que establece que o mundo se pode volver cada vez mellor. Aínda que nega tanto o pesimismo como o optimismo, decántase máis ben cara ao segundo, pois presupón a intrínseca capacidade do mundo de perfeccionarse.
-
-
Substitución, na música grega antiga, dunha nota de longa duración por unha serie de notas máis breves.
-
Canto de diferentes notas sobre unha soa sílaba, coma os longos melismas exultantes dos aleluias e doutras composicións medievais do gregoriano.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao melisma.
-
Aplícase á secuencia ou ao debuxo melódico moi ornamental.
-
-
-
Conxunto de leis e de teorías descubertas por Mendel.
-
Teoría que explica o mecanismo xeral da herdanza baseándose nas leis de Mendel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico de irritación das meninxes que se dá con síntomas semellantes aos da meninxite sen que haxa unha inflamación verdadeira das meninxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de notación que se utilizaba nas orixes da música polifónica (finais do s XII e comezos do s XIII), que permitía definir moi precisamente a relación de valor entre unha nota e outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo por parte da psicoloxía dos diferentes estados de conciencia posibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno, vinculado á fatiga e á ansiedade e a miúdo concomitante co insomnio, que consiste nunha rápida sucesión de imaxes que non permiten fixar a atención cara a elas.
-
-
Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.
-
Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación con preparados mercuriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste no feito de que os alimentos inxeridos poden retornar á boca, voluntaria ou involuntariamente, para ser novamente mastigados.
-
-
División de algo en partes iguais.
-
Figura literaria que consiste nunha distribución en que, en primeiro lugar, se enumeran os elementos para logo explicalos un por un.
-
-
PERSOEIRO
Actor. De familia de actores, en 1933 debutou no teatro coa obra La vuelta al mundo en 80 días. A partir de 1941 dedicouse ao cine, con filmes como Rojo y negro (1942), Ídolos (1943), Cuento de hadas (1951), Trío de damas (1960), La caza (1966), Flor de santidad (1973) e Entre hermanos (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento e doutrina pietista cristiá. Difundiuse a mediados do s IV por Siria, Asia Menor e Exipto. Doutrinalmente ensinaba que polo pecado de Adán cada home ten un demo unido á alma que non se expulsa polo Bautismo, senón pola pregaria, motivo polo que os seus seguidores se coñeceron no mundo grego como euquitas (ύ ῐ ), alcume equivalente ao sirio mě Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ allīn. Condenado polo Concilio de Éfeso (431), subsistiu ata finais do s VII.
-
-
Corrente histórica do pobo de Israel, que ten a súa orixe nas promesas dos profetas que anunciaban unha nova orde no mundo como froito da chegada do Mesías. Caracterizouse pola esperanza popular na instauración dunha nova orde.
-
Esperanza que se deposita nunha persoa ou mesías do que se espera unha intervención para a mellora dunha situación.
-
Perturbación mental dunha persoa que se cre un mesías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que intenta combinar certas doutrinas astrolóxicas e médicas (Paracelso, Helmut) coas novas experiencias coa electricidade e o magnetismo. F. A. Mesmer presupuxo que os fluídos que corren polos corpos máis sólidos actúan sobre o sistema nervioso e móveno en sentido de atracción ou repulsión, e utilizou o hipnotismo como un método para controlar estas forzas no corpo humano. Contribuíu ao descubrimento das forzas inconscientes.