mesmerismo

mesmerismo

(< antropónimo F. A. Mesmer)

s m [PSIC]

Teoría que intenta combinar certas doutrinas astrolóxicas e médicas (Paracelso, Helmut) coas novas experiencias coa electricidade e o magnetismo. F. A. Mesmer presupuxo que os fluídos que corren polos corpos máis sólidos actúan sobre o sistema nervioso e móveno en sentido de atracción ou repulsión, e utilizou o hipnotismo como un método para controlar estas forzas no corpo humano. Contribuíu ao descubrimento das forzas inconscientes.