mesmo -ma
(< lat v *metipsĭmu)
-
ident
-
Indica identidade ou igualdade.
Ex: A túa irmá vai sempre aos mesmos sitios. Cando saio pasear sempre vexo as mesmas caras. O seu repertorio é moi reducido, sempre conta o mesmo conto. OBS: Tamén se emprega a expresión o mesmo co signigicado de ‘a(s) mesma(s) cousa(s)’, ‘igual’. Ex: Pedín o mesmo ca ti. É o mesmo que vaias coma que non.
-
Reforza a identificación e indica con exactitude o ser ou o obxecto do que se fala.
Ex: Foi o médico mesmo/o mesmo médico quen mo contou. Fun eu mesmo falar coa profesora. Presentouse alí o mesmo Rei Artur/Rei Artur mesmo.
-
Expresa unha gran semellanza entre o atributo e o suxeito acompañando a certos substantivos atributos de ser, estar ou parecer.
Ex: Aquel rapaz era o mesmo demo.
-
Expresa a case identidade da situación reflectida no texto coa que evoca o substantivo atributo, cun circunstante de verbos como estar ou vivir.
Ex: Alí sentada ao lado da lareira estaba na mesma gloria.
-
-
adv
Fai fincapé en que aquilo que se expresa é exactamente como se di.
Ex: Só repetín as súas mesmas palabras. A concentración deberá saír do mesmo centro da cidade.
-
adv
Indica, con énfase, que algo ou algúen se inclúe nun grupo ou serie.
Ex: Todos debemos ir, mesmo os que están de baixa.
Sinónimos: incluso. -
adv
Indica, acompañado de xerundio, das conxuncións que ou se, ou da locución aínda que, que unha cousa ocorre a pesar doutra.
Ex: Vou ir igual, mesmo que chova.
Frases feitas
-
Coa mesma. Indica que unha cousa sucede inmediatamente a outra no tempo. Ex: Levantouse do chan e coa mesma comezou a correr.
-
Na(s) mesma(s). Indica que todo está, é ou continúa de igual maneira. OBS: Emprégase con verbos como seguir ou continuar. Ex: El segue nas mesmas, non hai quen o faga cambiar de opinión.