"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Oza dos Ríos. Construíuse en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII. Pénsase que puido pertencer a un convento templario. Ten planta rectangular dunha soa nave rematada nunha ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntada. Destaca o rosetón calado do testeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico químico e empresario. Foi director da Cooperativa do Ribeiro (1972-1974), Cuevas y Cia. SA, presidente de Caixa Ourense (1984-1987), presidente de DROPIER e do consello de Marrón Glacé SL e de Arpón SL. Foi tamén deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994 e 1999) e secretario da Irmandade dos Vinhos Galegos. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Os viños de Galicia (1978), Manual de los vinos y aguardientes de Galicia (1992) e Metafísica del vino (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
denominal.
-
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta estadounidense. Estudou linguas románicas e trasladouse a Europa (1908). En Londres relacionouse cos poetas imaxinistas ingleses, aos que conectou cos poetas estadounidenses da época, e preconizou a claridade, economía e precisión da linguaxe. O éxito do imaxinismo en América, introducido por Amy Lowell fixo que, cara a 1916, se decantase cara ao vorticismo, xunto co poeta e pintor P. W. Lewis e o escultor Gaudier-Brzeska. Viviu en París (1920-1924) e Italia (1924-1945), onde se entusiasmou co fascismo e onde foi detido polos seus compatriotas en 1945 e trasladado a EE UU como prisioneiro de guerra, sendo declarado demente e internado nun manicomio de Washington (1946-1958), ata que volveu exiliado a Italia. Ademais do seu destacado labor como tradutor de old english (ss VII-XII), italiano, xaponés, chinés, exipcio ou provenzal, a súa obra máxima son os Cantos; o primeiro deles, Quia Pauper Amavi, data de 1917, e os últimos de 1959 (96-109) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación transitoria previa á proclamación oficial de autonomía dunha rexión ou comunidade territorial. En Galicia foi aprobada polo Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzo, polo que se aprobou o réxime preautonómico para Galicia. O seu órgano de xestión foi a Xunta Preautonómica, presidida por Antonio Pérez Rosón, que nomeu a comisión encargada da elaboración do futuro texto do Estatuto de Autonomía. O feito de contar co réxime provisorio de autonomía, permitiulle a Galicia acollerse á Disposición Transitoria II da Constitución de 1978 e acceder á tramitación e referendo do Estatuto de Galicia para conquistar autonomía plena, xunto a Catalunya e Euskadi, e non pola vía lenta (artigo 143) como o resto das comunidades autónomas, salvo Nafarroa, á que se lle aplicou a Disposición Adicional Primeira, Madrid, Ceuta e Melilla, que se constituíron en virtude do artigo 144, e Andalucía polo artigo 151.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de predominante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que predomina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prevalecer ou ser superior en número, influencia, ou autoridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de predominar.
-
GALICIA
Xornalista e crítico teatral. Redactor de La Región (1933) e da revista Mundo (1939) en Madrid, colaborou en La Voz de España, Artes y Letras e Misión. Foi director da revista Blanco y Negro, correspondente da axencia EFE no estranxeiro e colaborador de opinión en ABC. Escribiu pezas dramáticas que non se chegaron a estrear como El Exiliado, Comedia para estudiantes ou Epitafio para un soñador, e a novela Señor profesor (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos prehomínidos.
-
Primate do grupo dos prehomínidos.
-
Grupo de primates, do grupo dos cercopitecoideos, que inclúe os homínidos fósiles máis próximos aos pónxidos. Pertencen a este grupo os xéneros Australopithecus, Oreopithecus e Ramapithecus. Non se lles atopou vestixio de cultura ou de actividade proxectiva de ningunha clase. Reúne características dos simios antropoides e, ao mesmo tempo, caracteres humanos como a posición bípede constante. Viviron durante o Plistoceno Inferior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pródromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mielocito embrionario, é dicir, célula intermedia entre o mieloblasto e o mielocito.
-
-
Calidade de prominente.
-
Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.
-
-
-
Que sobresae daquilo que o rodea ou do que forma parte.
-
Que destaca pola súa importancia.
-
-
-
Comer carne e peixe nunha mesma comida en días prohibidos pola Igrexa.
-
Participar en cousas moi diversas ou mesmo contrarias.
-
-
-
Calidade de promiscuo.
-
Convivencia desordenada e sen intimidade de persoas de distinto sexo.
-
-
-
Que está mesturado de forma confusa e desordenada.
-
Que mantén relacións sexuais con moitas outras persoas.
-
Que é propio da persoa promiscua.
-