"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que ten a súa orixe en Sarria.
-
-
Título que se daba aos santos, aos reis, aos príncipes e a outras persoas de categoría social elevada.
-
-
Título inherente a determinados cargos ou dignidades eclesiásticas designados polo papa, como familiares deste, protonotarios apostólicos, auditores do Tribunal da Rota Romana, clérigos oficiais da Cámara Apostólica ou prelados domésticos.
-
Eclesiástico con cargo ou dignidade que leva inherente o título de monseñor.
-
-
Título dado en Francia aos príncipes dunha familia soberana.
-
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Destacou pola súa facilidade melódica e a intuición teatral, e foi un dos creadores da ópera cómica francesa. É o autor de Le cadi dupé (1761), Le roi et le fermier (1762) e Le déserteur (1769).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante. Formou en 1987 o grupo Cómplices co seu marido, Teo Cardalda. Da súa discografía destacan Manzanas (1988), Ángeles desangelados (1989), La danza de la ciudad (1990), Cousas de Meigas (1999) ou Grandes Éxitos en directo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas lianoides tropicais, da familia das aráceas, que presentan follas incisas e perforadas e inflorescencias en espádice. Son propias da América tropical.
-
-
-
Ser fabuloso ou real que presenta unha conformación contraria á orde natural, como pode ser unha combinación de home e besta, ou de dúas ou máis bestas diferentes (centauro, minotauro, dragón ou esfinxe).
-
Ser de tamaño extraordinario.
-
Persoa, animal ou cousa de extrema fealdade.
-
-
Feto, persoa ou animal de conformación contraria á orde regular da natureza.
-
Persoa de extrema crueldade ou perversidade.
-
Persoa que sobresae nunha determinada actividade.
-
Réptil escamudo, da suborde dos saurios, que acada 60 cm, que presenta o corpo con formas arredondadas e de cor negra con manchas laranxas e amareladas. Constitúe, xunto coa especie H. horridum, o único saurio velenoso. Aliméntase de ovos de réptiles e aves e de pequenos réptiles. É de costumes nocturnas e na época de máxima calor cae en letargo. Habita nas zonas áridas de vexetación xerófila de Arizona, Utah e Novo México.
-
-
-
Calidade de monstruoso.
-
Cousa monstruosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos monstros.
-
Que ten as características dun monstro.
-
Que presenta algunha anormalidade grande e fea.
-
Que está radicalmente en contra da razón ou da moral.
-
Que é moi cruel.
-
Que é excesivamente grande ou está fóra do normal.
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. O conxunto da súa obra, centrada nos soños e nas contradicións do home, constitúe unha crítica do excesivo racionalismo europeo. É autora da recompilación de relatos Il gioco segreto (1941), as novelas Menzogna e sortilegio (premio Viareggio, 1948), L’isola di Arturo (premio Strega, 1957), Lo scialle andaluso (1963), La storia (1974) e Aracoeli (premio Medici, 1982), e das compilacións poéticas Alibi (1958) e Il mondo salvato dai ragazzi (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, decorador e fotógrafo checo. Emigrado a París (1887), comezou a facer carteleis e estableceu o seu propio estilo, caracterizado pola influencia do simbolismo e o impresionismo e o emprego da cor e da vexetación. Fixo o cartel Gismonda (1894), para Sarah Bernhardt, e chegou a ser o cartelista da actriz con obras como Lorenzaccio, La dame aux camélias e Médée. Destacou dentro do Art Nouveau e o tema dos seus carteis foi sempre a figura feminina como en Cigarretes Job. Ilustrou a revista La Plume e, ao volver a Praga en 1910, pintou unha serie de vinte teas sobre a Epopeia eslava.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. A súa obra Tres libros de música en cifra para vihuela (1546) comprende fantasías, pavanas, tientos, motetes, vilancicos, salmos, cancións e sonetos, escritos orixinariamente para viola ou transcritos de obras italianas, flamencas ou hispánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi cóengo de Santiago de Compostela e o arcebispo Diego Xelmírez promoveuno a bispo de Mondoñedo. Fundou o mosteiro de Santa María a Real do Sar cara a 1136.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Santiago de Compostela. Creado en 1951, foi aberto ao público definitivamente en 1996, coa montaxe e a exposición permanentes. Dependente da Xunta de Galicia e membro do Consello Galego de Museos, atópase na coñecida como Casa Gótica. Os seus obxectivos centráronse no estudo e ilustración da orixe do culto ao Apóstolo Santiago e do fenómeno das peregrinacións, así como en poñer de manifesto a súa relevancia relixiosa e cultural. Deste xeito, estuda as orixes da peregrinación e do culto xacobeo, a cidade e a catedral, os camiños e os ritos, a imaxe do Apóstolo na historia, os gremios e as tradicións artesanais compostelás, os gravados composteláns e os instrumentos do Pórtico da Gloria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización das Nacións Unidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Tambre, ao seu paso polas parroquias de Cando (Outes) e Roo (Noia). Datada no s XIV e realizada en cantaría, presenta vinte vans con bóvedas circulares e oxivais. Sufriu varias reconstrucións durante os ss XVIII e XIX.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as de Percebellosa e Carboneiro, na parroquia de Corme Aldea (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de solucións da ecuación de Bessel de segunda clase.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico bizantino. Tivo a oposición dos estudosos, aos que perseguiu ata que Nicéforo I e León V reemprenderon a política iconoclasta, que el non compartía. Depuxérono e relegárono a un mosteiro. Escribiu obras teolóxicas e históricas. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO