Mucha, Alphons Maria
Mucha, Alphons Maria
Pintor, decorador e fotógrafo checo. Emigrado a París (1887), comezou a facer carteleis e estableceu o seu propio estilo, caracterizado pola influencia do simbolismo e o impresionismo e o emprego da cor e da vexetación. Fixo o cartel Gismonda (1894), para Sarah Bernhardt, e chegou a ser o cartelista da actriz con obras como Lorenzaccio, La dame aux camélias e Médée. Destacou dentro do Art Nouveau e o tema dos seus carteis foi sempre a figura feminina como en Cigarretes Job. Ilustrou a revista La Plume e, ao volver a Praga en 1910, pintou unha serie de vinte teas sobre a Epopeia eslava.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ivan&# -
Deceso
Lugar : Praga