"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

      1. Fixar na terra un gromo ou un gallo dunha planta para que enraíce.

      2. Introducir na terra unha semente ou un bulbo, para que medre unha planta.

      3. Poboar con plantas ou árbores un terreo.

    1. Introducir algo no chan para que se manteña firme e dereito.

    2. Colocar algo nun lugar.

    3. Abandonar algo que se estaba facendo.

    4. Poñerse alguén de pé firme e quieto nun lugar.

    5. Renunciar a pedir máis cartas, ás que se teñen dereito, en certos xogos de cartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á planta do pé.

    2. Músculo da rexión posterior da perna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás plantaxináceas.

    2. Planta da familia das plantaxináceas.

    3. Familia de dicotiledóneas, constituída por plantas herbáceas ou sufruticosas, de follas simples, a miúdo en roseta basal, inflorescencias en espiga, flores tetrámeras, hermafroditas, corola escariosa e persistente, androceo tetrandro e de xineceo súpero, con froitos en cápsula pixidial. Comprenden preto de 300 especies de todo o mundo, case todas do xénero Plantago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor no Conservatoire des Arts et Métiers e na Asociación Politécnica de París. Inventou as primeiras baterías acumuladoras a partir de dúas placas de chumbo unidas por un arame e somerxidas nun electrólito de ácido sulfúrico (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar ou expoñer algo a través da linguaxe oral ou escrita, especialmente de maneira clara ou precisa.

    2. Expresar algo nunha fórmula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos mamíferos terrestres que cando camiñan pousan na terra toda a planta do pé, como os úrsidos e os prociónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza interior do calzado que cobre a planta.

    2. Parte dos calcetíns, medias ou carpíns que cobre a planta do pé.

    3. Rapaza descarada e presumida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa ou cousa que se imita ou reproduce.

      2. Persoa ou cousa digna de ser imitada pola súa perfección ou que posúe en grao eminente calidades que a fan representante dunha categoría determinada.

      1. Cousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.

      2. Representación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.

      3. Persoa que posa diante dun artista, en actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo. OBS: Tamén se denomina modelo vivo.

      4. Tipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.

      1. Representación simplificada da realidade. Pode ser icónico, analóxico ou simbólico. Un modelo icónico representa a realidade reducida a escala, nun modelo analóxico un conxunto de propiedades representa, por analoxía, outro conxunto de propiedades, e un modelo é simbólico cando se utilizan elementos abstractos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo, editor e libreiro francés. Aprendeu o seu oficio nos obradoiros de Robert Macé, en Caen. Establecido en Anveres en 1549, foi o editor máis erudito do seu tempo e destacou polas súas edicións de ciencias e de clásicos gregos, latinos e hebreos, que se distinguiron pola súa corrección e elegancia. En 1571 obtivo de Roma o privilexio exclusivo para a impresión de libros litúrxicos. Realizou a primeira edición do Breviario romano (1568), a edición da Biblia políglota de Anveres (1569-1573) e preparou unha nova edición da Biblia políglota de Alcalá para Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar plantado de árbores ou plantas.

    2. Conxunto de plantas ou árbores plantados nun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castigo que se impón a un soldado, que consiste en facer unha garda sen ser relevado.

    2. Garda que realiza un soldado sen armas, polo xeral dentro do cuartel.

    3. Soldado que fai este servizo de garda sen armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embrión dunha semente en xerminación.

    2. Planta moi nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, filólogo e home de ciencia bizantino. Embaixador en Venecia (1296), foi monxe, ensinou ciencias profanas e transmitiu en Constantinopla a tradición científica do Imperio de Nicea. Traduciu ao grego obras de Ovidio, Boecio, Macrobio, Catón e santo Agostiño, entre outros. Catalogou as obras de Plutarco, fixo unha colección de epigramas gregos, Anthologia Planudea, e editou as fábulas de Esopo. Autor dunha Arithmetica secundum Indos, introduciu diferentes métodos de cálculo na ciencia bizantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larval dos cnidarios hidrozoos e antozoos, formada por dous grupos de células, un central e outro periférico e con cilios que lle permiten desprazarse sobre a auga. Cando os perde, cae ao fondo e orixina un pólipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evacuación dos ouriños por un punto anormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula anucleada do sangue, que intervén en todas as fases da hemostasia e da coagulación. As plaquetas orixínanse a partir dos megacariócitos da medula ósea, o bazo e o pulmón, e despois dunha vida media de 5 a 11 días destrúense no sistema retículo-endotelial destes órganos.

      1. Pequeno baixorrelevo de metal semellante ás medallas, pero de forma xeralmente rectangular. A maioría proceden de Italia, onde se empezaron a producir a partir do Renacemento.

      2. Peza de ourivaría realizada exactamente como unha medalla, preferentemente rectangular.

    2. Peza plana de cerámica para revestir solos e paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer plaquetas selectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • trombopenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (36.690 h [2001]). Centro comercial dunha rica rexión agrícola, desde o s XII é sé episcopal. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, formada por dous edificios construídos en diferente época (ss XIII-XIV e 1498), e as igrexas de San Nicolás e San Pedro (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso do Plioceno situado debaixo do Calabriano e por riba do Zancliano.

    VER O DETALLE DO TERMO