Plantin, Christophe

Plantin, Christophe

Tipógrafo, editor e libreiro francés. Aprendeu o seu oficio nos obradoiros de Robert Macé, en Caen. Establecido en Anveres en 1549, foi o editor máis erudito do seu tempo e destacou polas súas edicións de ciencias e de clásicos gregos, latinos e hebreos, que se distinguiron pola súa corrección e elegancia. En 1571 obtivo de Roma o privilexio exclusivo para a impresión de libros litúrxicos. Realizou a primeira edición do Breviario romano (1568), a edición da Biblia políglota de Anveres (1569-1573) e preparou unha nova edición da Biblia políglota de Alcalá para Filipe II.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Avertin, Tours

  • Deceso

    Lugar : Anveres