"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Formouse na Slade School of Fine Arts de Londres (1921-1223) e en Nova York (1923-1924) e París (1924-1925). Foi un dos representantes do Social Realism e formou parte da Works Projects Administration (WPA). Entre as súas obras destacan o mural The history of Richmond Hill (A historia de Richmond Hill, 1936-1937), American tragedy (Traxedia americana, 1937), Lily and the Sparrows (Lily e os pardais, 1939) e The new Lazarus (O novo Lázaro, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segmento inferior dunha moeda ou medalla, xeralmente separado do resto de figuras por unha liña horizontal, onde se pode indicar a ceca, as siglas do gravador, a data ou o valor da moeda. Apareceron por vez primeira nos decadracmas de Siracusa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao proceso que libera enerxía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de expurgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expurga ou serve para expurgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. En 1934 emigrou ao Reino Unido, foi profesor na Universidade de Londres (1950-1955) e, posteriormente, traballou no Maudsley Hospital de Londres. Interesado no estudo da personalidade, creou numerosos cuestionarios e tests, entre eles o Eysenck Personality Inventory (EPI, Inventario de personalidade de Eysenck, 1959), que avalía o neuroticismo e a extraversión. Interesouse tamén pola aprendizaxe e os problemas do comportamento. Fundou e editou unha revista de psicoloxía clínica dedicada á modificación da conduta (The Journal of Behavior Research and Therapy). Entre outras obras, publicou Dimension of Personality (1947), Fact and Fition in Psychology (1965), Know your own Personality (1975) e Decline and Fall of the Freudian Empire (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu o poema coñecido como Canción de Ezzo, que comeza coa xénese e remata coa redención, ademais de reflectir as ideas reformistas de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive ruso. Formouse en Europa Occidental (1860-1864) e dende 1870 encargouse do obradoiro familiar, do que abriu sucursais en cidades rusas e en Londres. Traballou con diferentes metais, xemas, pedras duras e esmaltes, e foi ourive e xoieiro da corte rusa. Participou na Exposición Panrusa de Moscova (1882) e recibiu unha medalla de ouro. En 1990 fundouse a Fabergé Arts Fundation con sedes en Washington e San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en abril de 1999 e subtitulada “Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil”. Editada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Xosé A. Neira Cruz, céntrase na literatura galega e no consello de redacción conta con destacados autores galegos. Así mesmo, insire novidades editoriais en galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro, francés e italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas alemáns activos nos ss XVII e XVIII. Entre outros membros cómpre destacar o escultor Benedikt Faistenberger (Kitbühel 1621-1693), que realizou, entre outras obras, o retablo de santo Andrés de Kitbühel; Andreas II Faistenberger (Kitbühel 1647-Múnic 1736) escultor e decorador que traballou, entre outras, na decoración do palacio dos Wittelsbach; Anton Faistenberger (Salzburgo 1663-Viena 1708), pintor formado en Italia que cultivou a paisaxe de temas heroicos; e os tamén pintores Joseph Faistenberger (Salzburgo 1675-1724) e Simon Faistenberger (Kitbühel 1695-1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Da súa produción destaca Bør Børson (1920), Den fjerde nattevakt (1923), Christianus Sextus (1927) e Nattens brød (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo e dirixente obreiro. Foi uns dos creadores da Dirección Central das Sociedades Obreiras (outubro de 1868) e o principal animador, a partir de 1869, do Centro Federal de Sociedades Obreiras de Barcelona (1869). Ao principio estivo moi ligado ao republicanismo federal, pero posteriormente converteuse nun dos máis destacados anarquistas de Catalunya. Foi membro da Alianza da Democracia Socialista (1869), secretario da sección barcelonesa da I Internacional e director do xornal La Federación, de Barcelona. Participou nos congresos obreiros de Barcelona (1870), Córdoba (1872) e na Internacional da Haia (setembro de 1872). Formou parte dun consello federal clandestino da Federación Rexional Española da Asociación Internacional do Traballo (AIT) e participou na fundación da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas revoltas ou mal amañadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. farangallo.

    2. Auga conxelada que cae cando neva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que non coida o seu aspecto externo e se viste con fargallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Dakota do Norte, EE UU, na beira dereita do Red River (74.111 h [1990]). É un importante centro metalúrxico. Fundada en 1871 tralo desenvolvemento do ferrocarril Northern Pacific. Recibiu o nome dun dos pioneiros deste ferrocarril, William G. Fargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pertencente ao grupo da Nouvelle Revue Française, seguiu a tradición da poesía romántica. As súas poesías (Tancrède, 1894; Poèmes, 1912) e as súas prosas poéticas (Le piéton de Paris, 1939), relaciónanse co simbolismo de Verlaine e co onirismo surrealista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e produtor irlandés. Foi un dos impulsores do Movemento Dramático Angloirlandés e do Abbey Theatre. Traballou varios anos en compañías que actuaban por Irlanda e Inglaterra. Como actor, fixo papeis protagonistas nos espectáculos The Playboy of the Western World (O mozo que chegou de lonxe) ou The Well of the Saints (A fontenla dos milagres), baseados en textos de John Millington Synge. Trala ruptura con Yeats e o abandono do Abbey, acompañou o seu irmán Frank na experiencia americana, pero despois volveu a Londres, onde continuou traballando como actor e produtor.

    VER O DETALLE DO TERMO