"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

    1. Relativo ou pertencente a Mallorca ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mallorca.

    3. Modalidade de catalán que se fala en Mallorca. É un subdialecto do catalán insular ou balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista inglés. Formou parte da expedición británica de recoñecemento e asalto do Everest (1921 e 1922). Desapareceu nunha terceira expedición en 1924, xunto co seu compañeiro Irving. O seu corpo foi localizado en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista italiano. Fundador da histoloxía, descubriu numerosas estruturas corporais, como os capilares nos pulmóns da ra, e identificou os lóbulos hepáticos, os corpúsculos do gusto na lingua e os glomérulos que levan o seu nome. Pola súa obra Anatome plantarum (1671) está considerado un dos iniciadores da anatomía microscópica vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de raios lumínicos que aparecen na difusión da luz que atravesa un gas sometido a flutuacións de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é moi grande para a súa idade.

    2. Que ou quen non ten vontade de traballar e adoita non facer nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ āfa Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẓ a de Exipto (203.685 km2; 157.300 h [1996]). A capital é Hurghada (60.060 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca un sentimento grande de admiración ou sorpresa debido ao seu carácter inexplicable ou sobrenatural.

    2. Que causa admiración ou sorpresa por posuír calidades superiores ao que é habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben certas especies de peixes que posúen manchas na pel, como o lorcho negro (Gobius niger), a barbada (Gaidropsarus vulgaris) e certos exemplares da familia dos góbidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, historiador e ensaísta. Xunto con J. Ortega y Gasset e Ramón Perez de Ayala constituíu a Agrupación ao Servicio da República. Exiliouse en París durante a Guerra Civil Española. Escribiu obras científicas, das que destacan Las glándulas de secreción interna y las enfermedades de la nutrición (1914), Tres ensayos sobre la vida sexual (1926), Amor, conveniencia y eugenesia (1929) e Los estados intersexuales en la especie humana (1929); históricas, como Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo (1930), El conde-duque de Olivares: la pasión de mandar (1936); e as histórico-científicas Raíz y decoro de España (1933), Liberalismo y comunismo e Vocación y ética (1935). Foi membro da Real Academia Española desde 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Oirós (Vila de Cruces). Presenta unha cámara poligonal de reducidas dimensións que está constituída a partir de nove lousas chantadas, na superficie dunha das que se localizou uns gravados de liñas ondulantes e a representación dun motivo solar. O achado máis relevante do xacemento foi un enxoval que está formado por restos de cerámica lisa e de tipo campaniforme, e un disco perforado. No contorno foron identificadas un total de quince mámoas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Póla ou folla dunha planta, especialmente das cepas, que pola súa idade ou disposición non dá froitos e, polo tanto, réstalle produtividade á planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Tomou o hábito mercedario en 1248 e en 1261 fundou a rama feminina da orde da Mercé. O seu culto aprobouno o Papa Inocencio XII en 1692 e a súa festividade celébrase o 25 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e orador cubano. Foi presidente do Partido Socialista Popular e candidato á presidencia da República de Cuba. Escribiu Liberación (1926), Americanismo y cubanismo literario (1931) e Literatura hispano-americana (1937), ademais de diferentes estudios sobre José Martí. Recibiu a Medalla de Lenin (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á muller que presenta maneiras consideradas socialmente propias dun home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Foi administrador das Rendas Reais e comisario de Guerra durante a Guerra da Independencia (1808-1814), momento no que creou a Xunta de Lobeira. Participou no asedio de Tui (1809) e na toma de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Autor de comedias e traxedias, imitou con acerto o estilo francés, e introduciu o dobre heptasílabo, denominado martelliano. Da súa abundante produción, que inclúe 35 obras escritas entre 1695 e 1725, destaca Canzoniere (1710), e a súa obra máis coñecida, Femia sentenziato (1724), en hendecasílabos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Especializouse na figura humana, na paisaxe e nas naturezas mortas, nunha estética impresionista.   Realizou diversas exposicións individuais e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Da súa obra destaca a Fachada de la catedral de Orense. Recibiu o Premio Nacional de Pintura al Aire Libre (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO