Marco do Camballón

Marco do Camballón

Mámoa situada en Oirós (Vila de Cruces). Presenta unha cámara poligonal de reducidas dimensións que está constituída a partir de nove lousas chantadas, na superficie dunha das que se localizou uns gravados de liñas ondulantes e a representación dun motivo solar. O achado máis relevante do xacemento foi un enxoval que está formado por restos de cerámica lisa e de tipo campaniforme, e un disco perforado. No contorno foron identificadas un total de quince mámoas máis.