"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame do oído que se fai por medio dun otoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para examinar a membrana timpánica e o oído medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
otosclerose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar de 105 km de longo e de 70 a 140 de ancho que separa as costas italianas das de Albania e que comunica os mares Adriático e Xónico.
-
PERSOEIRO
Xefe da casa imperial de Austria e das casas reais de Hungría e Bohemia, e pretendente a estes tronos, fillo e herdeiro do Emperador Carlos I (Carlos IV de Hungría) e de Zita de Parma. Exiliouse cos seus pais en 1972, e, despois de asinar unha renuncia aos seus dereitos de sucesión, conseguiu o permiso para residir en Austria. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, foi membro do Parlamento Europeo (1979-1998) e preside, desde 1973, a Unión Paneuropea Internacional. Publicou numerosas obras sobre política, historia e política social europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi letrado do Tribunal Constitucional (1980-1984) e vogal do Consejo General del Poder Judicial (1984-1988). Colaborou na redacción do Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias e dirixiu a revista Poder Judicial (Nueva Época) e a colección Ariel Derecho (1978). Publicou Los regímenes políticos (1976) e Defensa de la Constitución y partidos políticos (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores italianos que fundou en 1952 Afro Basaldella e integrado tamén por Renato Birolli, Antonio Corpora, Mattia Moreni, Ennio Morlotti, Giuseppe Santomaso, Giulio Turcato e Emilio Vedova. Decantáronse cara a unha abstracción próxima ao informalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo teórico para motores de combustión interna de acendido por chispa ou explosión, que desenvolveu Nikolaus Otto. En 1876 construíu o primeiro motor deste tipo, de catro tempos e de combustión a volume constante, seguindo os principios enunciados por Beau de Rochas en 1862. No ciclo para motores de catro tempos pódese distinguir a compresión adiabática do fluído motor, o abastecemento instantáneo de enerxía a volume constante, a expansión adiabática e a cesión instantánea de enerxía a volume constante. Coa mesma compresión, o rendemento deste ciclo é superior ao do ciclo Diesel. Se se efectúa o ciclo de Otto para un motor de dous tempos, o rendemento termodinámico diminúe.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, enxeñeiro, profesor e teórico de arquitectura alemán. Levantou estruturas suspensas e construcións de inflables de plástico. Da súa produción destacan as sobrecubertas da Exposición Federal de Xardíns de Kassel (1955) e Colonia (1957), o pavillón alemán da Exposición Universal de Montréal (1967) e as sobrecubertas das instalacións olímpicas de Múnic (1972). Publicou Das Hängende Dach (O teito pendurado, 1954) e Neuer Lebensraum (Novo espazo vital, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadadora alemá. Gañou seis medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) en 50 e 100 m libres, 100 m bolboreta, 100 m costas, 4 x 100 m libres e 4 x 100 m estilos, co que se converteu na muller que máis medallas obtivo nuns xogos olímpicos. Foi oito veces campioa de Europa e sete do mundo, e bateu cinco marcas mundiais. Retirouse despois dos campionatos de Europa de Bonn (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Motor de combustión interna alternativo que se caracteriza termodinamicamente polo feito de seguir o ciclo de Otto, é dicir, que a combustión se realiza a volume constante, mediante a explosión dunha mestura de combustible e aire que é provocada por unha chispa. Funciona xeralmente con gasolina, gas ou, eventualmente, con mestura de hidrocarburos e de alcohois. O seu grao de compresión é bastante baixo (9-10:1) en relación coa do motor Diesel e, polo tanto, o rendemento termodinámico é menor. O combustible, que se introduce no cilindro xa mesturado co aire, dosifícase, homoxeneízase e vaporízase previamente no carburador ou mediante un inxector. O acendido provócase facendo saltar unha chispa entre os dous electrodos da buxía. A potencia do motor varía modificando a proporción de combustible na mestura e poden funcionar en ciclo de dous ou de catro tempos. Xeralmente son motores máis rápidos que os de ciclo Diesel.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor alemán. En 1863 fixo construír en Colonia o primeiro modelo de motor de gas. Perfeccionou as ideas expostas en 1862 por Beau de Rochas, e en 1872 fixo construír un motor de combustión interna, que tivo despois aplicación na industria automobilística. Empregou o sistema do cilindro e pistón da máquina de vapor e dividiu o proceso en catro tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo evanxélico alemán. Afirmou que a relación co divino non se refire ao eu, senón a Deus, e que esta relación constitúe a relixión. Esta non pode derivar das causas materiais ou das funcións ideais do espírito, senón que comeza con ela mesma e se presenta relacionada con todo o outro, o santo. Os seus traballos máis importantes foron as investigacións sobre o carácter inexpresable do santo como categoría relixiosa a priori e a exposición do irracional na idea do divino e a súa realización co racional. Da súa produción destacan Das Heilige (1917) e Aufsätze das Numinose e bettrefleud (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e político. Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías SA, conselleiro de Industria, Comercio e Turismo (1987-1990) e un dos fundadores de Coalición Galega. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdG-PSOE (1993-1997). Participou no consello de administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo que se fundou en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Nos primeiros anos xogou na terceira división, ata que na tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso a segunda. En 1989 adoptou a súa denominación actual, e un ano despois conseguiu o seu ascenso á Liga ACB despois de quedar campión de primeira división B. Permaneceu nesta categoría dez tempadas, nove delas consecutivas (da 1989-1990 á 1997-1998), ata o seu descenso en 2001.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón destinado a escritores noveis de entre 14 e 30 anos que outorga a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense co patrocinio da Consellería de Cultura e a Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude. O primeiro galardoado foi Xosé Carlos Caneiro, con O caso de Horacio Silveira, que quería ser neno e non lle deixaron (1984).
-
PERSOEIRO
Debuxante e guionista de cómics estadounidense. En 1894 creou para o New York World unha serie de debuxos ambientados nos barrios populares de Manhattan titulada Hogan s Alley e protagonizada por Yellow Kid. Esta nova forma narrativa, baseada no emprego de bocadillos e a repetición do personaxe, deu paso á creación do cómic moderno. A cor do personaxe e a descrición dos ambientes marxinais propiciou o emprego do termo “prensa amarela”, identificado co xornalismo sensacionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Nebra (Porto do Son). O seu cumio acada os 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cexo (Verea). O seu cumio acada os 1.045 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Abelenda (Avión). O seu cumio acada os 960 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO